O departamento de Educación Física do IES Milladoiro achega esta unidade didáctica sobre o quecemento que vos aportará información básica sobre o mesmo e un modelo de traballo para que aprendades a deseñar a vosa persoal rutina en función das vosas características e da actividade que teñades programado facer despois. Ánimo!
O guión de traballo PROPOÑO O MEU QUECEMENTO serviravos para ter unha guía. Deberedes entregar os traballos en arquivos de Powerpoint ou similares e podedes incluír as imaxes e textos que queirades sempre que no capítulo final indiquedes as referencias, é dicir, de que libros ou páxinas webs sacáchedes a información. Lembrade que os buscadores (tipo google ou yahoo) non son referencias, son a ferramenta coa que buscades as webs ou imaxes que vos interesan.
Este traballo forma parte da avaliación teórica de 3º de ESO. A data límite de entrega será o 6 de outubro de 2017.
Os traballos podedes remitilos ao mail valledxt@gmail.com indicando no asunto os seguintes datos:
3 ESO (letra do voso grupo) e nome completo do/a autor/a (cos dous apelidos).
Pinchade no enlace para ver o tema e o guión do traballo
O QUECEMENTO
Ánimo! Cando entreguedes este traballo teredes feita unha parte da asignatura nesta avaliación.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS
Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...
-
O sistema muscular. Xeneralidades: Dentro do sistema muscular podemos diferencia os músculos tónicos ou posturales, que traballan de forma ...
-
Nesta entrada do blogue podes atopar varias ilustracións cos ósos do esqueleto. Lembra que haberá un exame rápido a última semana de curso. ...
-
Nesta entrada poderás ver presentacións sobre temáticas relacionadas cos hábitos de alimentación e actividade física que inflúen de xeito ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario