sábado, 30 de setembro de 2017

Traballo para alumnado de 4º ESO


O alumnado de 4º da ESO, despois de coñecer o seu número de aula de EF durante a semana do 2 ao 6 de outubro, presentará durante a segunda semana de outubro (do 9 ao 13 de outubro) o traballo desenvolvido sobre a froita que lles caeu en sorte.
O traballo, presentado en galego normativo e con formato de presentación (Powerpoint ou similar) debe conter, como mínimo, os seguintes apartados:
Folla 1:
Nome da froita, nome completo do/a autor/a, curso e grupo.
Folla 2:
Descrición da froita e variantes da mesma que se poden atopar no mercado do noso país.
Data de consumo recomendada.
Información nutricional: Kilocalorías cada 100 gramos, cantidade de nutrientes (proteínas, graxas e hidratos de carbono que contén en 100 gramos).
Folla 3:
Información relativa ás vitaminas e aos minerais dos que teña maior cantidade (indicando a cantidade por 100 gramos) e explicación dos beneficios para a saúde que supón ese contido en vitaminas e minerais.
Folla 4:
Referencias da bibliografía ou webgrafía que se manexou para elaborar textos e imaxes.

Por favor, empregade un formato de presentación co fondo branco e letras negras ou azuis para facilitar a lectura e pasade os textos por un procesador con corrector para asegurarvos de que non conteñen erros ortográficos ou gramaticais.
Os traballos podedes entregalos no mail valledxt@gmail.com indicando no ASUNTO o seguinte: 4 ESO (letra do grupo) e nome completo- con dous apelidos- do/a autor/a.


Ánimo, cando rematedes xa teredes un dos traballos teóricos da materia feitos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...