Nesta ventá poderás ver unha presentación na que te explican por que é tan importante almorzar ben e facelo cada día, que características debe ter o teu almorzo e como podes empezar cada día cheo de enerxía.
Se eres un alumno ou alumna de 2º de ESO, preme na presentación para preparar o traballo sobre o almorzo que deberás de presentar a primeira semana de outubro. A data límite é o 6 de outubro de 2017. No traballo, presentado en word ou arquivo powerpoint ou similar, terás que indicar o seguinte:
1ª folla:
Título: "O almorzo de ..." (seguido do teu nome completo, cos dous apelidos)
Curso e grupo no que estudias.
2ª folla:
O almorzo que realizas habitualmente durante a semana, é dicir, os días que ves ao instituto.
3ª folla:
Como podes mellorar o teu almorzo, engandindo ou eliminando algúns alimentos, para que teña as calorías e nutrintes axeitados segundo indica a presentación.
4ª folla:
Se consultaches algún documento, libro, revista ou web para facer o traballo, a referencia bibliográfica ou webgrafía do que consultaches.
Podes enviar o teu traballo ao e-mail valledxt@gmail,com indicando no ASUNTO do correo os seguintes datos:
2 ESO (letra do teu grupo) e nome completo con dous apelidos
Podes enviar o teu traballo ao e-mail valledxt@gmail,com indicando no ASUNTO do correo os seguintes datos:
2 ESO (letra do teu grupo) e nome completo con dous apelidos
Ningún comentario:
Publicar un comentario