No documento que se abre ao pinchar no enlace, poderás ver un modelo de portafolio no que podes ir recollendo os teus datos antropométricos, fisiolóxicos e de capacidades físicas e coordinativas. Podes facer un documento similar ou aproveitar este modelo para ir enchendo os datos que xa obtiveras nas distintas probas que imos realizando.
O portafolio será un dos traballos de avaliación que se terá que presentar impreso ao remate da mesma, nas clases da primeira semana de decembro. Non esquezas poñer o teu nome completo, curso e grupo.
Portafolio de EF