Os alumnos e alumnas que teñades suspensa algunha parte da 1ª avaliación, lembrade que teredes que recuperalas á volta das vacacións de Nadal.
Para os de 3º e 4º deixovos os modelos de exames teóricos e para os de 2º de ESO, xa tedes os vosos traballos coas correccións precisas para melloralos. Non o esquezades!
EXAME DE FLEXIBILIDADE. 3º DE ESO
EXAME DE FORZA. 4º DE ESO
O alumnado que ten pendentes probas prácticas terá a oportunidade de recuperalas durante o mes de xaneiro. Os que tedes que realizar habilidades tedes unha entrada cuns vídeos destas para que poidades revisalas e practicalas.
IMPORTANTE: Non esquezades cubrir, no blogue http://pdcvalleinclan.blogspot.com.es/ a enquisa de hábitos nutricionais. Está na etiqueta AF Saudable. So tes que abrila, cubrila e enviala. É a primeira tarefa a entregar na 2ª avaliación e bonifica con 0,5 puntos!
Desfrutade das vacacións pero non esquezades preparar a volta!