1-Canto mide a cancha de voleibol?
9 m. x
18 m.
2- Cantos xogadores integran un equipo de
voleibol?
Un
total de 12: 6 titulares e 6 suplentes
3- Como se chama o xogador que utiliza o uniforme
diferente e cal é a súa funcion?
Denomínase
libero e é o xogador netamente defensor. A súa función é recibir e non pode
xogar en ataque nin rematar.
4 - Cales son os fundamentos ou toques básicos do voleibol? Conta o remate como un
toque?
Saque, recepción, colocación, remate e bloqueo. Non
5- Cantos toques se poden realizar por xogada?
Cada
equipo pode realizar como maximo ata 3
toques. Non existe un mínimo, pero si
un maximo de 3 toques. No terceiro debe
pasar a pelota á cancha contraria.
6- Faltas de toque segun as regras do voleibol
CATRO
TOQUES: un equipo toca o balón catro veces antes de devolvelo.
TOQUE
ASISTIDO: un xogador apóiase nun compañeiro ou nunha estrutura/obxecto para
alcanzar o balón dentro da área de xogo.
RETENCION:
un xogador non golpea o balón, e o balón é retido e/ou lanzado.
DOBRE
GOLPE: un xogador golpea o balón dúas veces en forma consecutiva ou o balón
toca sucesivamente varias partes do seu corpo.
INVASIÓN:
un xogador pisa o campo do equipo contrario, sobrepasa coa mano u o brazo a
rede cara o campo contrario ou apoia o seu corpo sobre a rede para rematar.
7- Nomear 4 situacións nas cales un equipo
pode marcar un punto.
Sempre
que un xogador realiza unha acción de xogo contraria ás regras, ou as viola,
comete unha falta de xogo que é pitada por un dos árbitros. O equipo contrario
obterá un punto.
Cando
un equipo consegue que o balón toque o chan no campo dos adversarios, gaña un
punto.
Cando
un equipo comete una falta de colocación (os xogadores incumplen a regra de
colocación na recepción), o equipo contrario acada un punto.
Se un
equipo envía o balón fora do campo ou o devolve por fora dos 9 metros de ancho
do campo, o equipo contrario obtén un punto.
Se dúas
ou máis faltas son cometidas simultaneamente por dous adversarios, declárase
DOBRE FALTA e repítese a xogada.
8- Como se realiza a rotacion no voleibol
Hai 6
xogadores no campo. Os xogadores 2,3,4, son dianteiros (as zonas cóntanse de
dereita a esquerda mirando cara a rede). Os xogadores: 5,6,1, son defensas ou
zagueiros (na zona de recepción o xogador 5 ocupa o espazo da esquerda e o 1 o
da dereita). O xogador que pón en xogo o balón é o xogador número 1 (defensor
dereito).
A
rotación faise sempre que un equipo recupere o saque. Os seus
compoñentes efectuarán unha rotación dun posto no sentido das agullas do reloxo
(mirando cara a rede).
9- Cando un equipo de voleibol pode gañar un
set?
Un set
(excepto o decisivo 5º set) é gañado polo equipo que primeiro anota 25 puntos,
cunha vantaxe mínima de 2 puntos. En caso dun empate 24 – 24, o xogo continúa
ata conseguir unha vantaxe de 2 puntos (26 – 24, 27 – 25…).
10- Cando gaña un partido?
O
partido é gañado polo equipo que gaña tres sets.
No caso
de empate 2 – 2, o set decisivo (5º) xógase a 15 puntos cunha diferenza mínima
de 2 puntos.
No seguinte enlace podedes atopar resposta a algunhas das dúbidas que vos xurden ao xogar ou ver retransmitido un partido de voleibol. Son interesantes para saber un pouco máis do xogo: 10 PREGUNTAS ESTRELA
No seguinte enlace podedes atopar resposta a algunhas das dúbidas que vos xurden ao xogar ou ver retransmitido un partido de voleibol. Son interesantes para saber un pouco máis do xogo: 10 PREGUNTAS ESTRELA