Nesta entrada poderás visitar dúas presentacións esenciais para preparar os contidos teóricos de Educación Física.A primeira presentación explica os beneficios do quencemento, os cambios que produce no organismo, como se organiza e presenta exemplos de exercicios de cada fase do quencemento que te poden servir de mostra para elaborar o teu propio quecemento particular.
Non esquezas que unha das preguntas do exame consistirá en que elabores, de forma individual, un quecemento para unha modalidade deportiva que elixas. O quecemento debe contar con todas as súas partes ordenadas e ter varios exercicios para cada parte. Ponte xa e así poderás consultar coa profesora as dúbidas e teralo preparado o día do exame.
A segunda presentación explica unha capacidade física: a velocidade. Tamén os tipos de velocidade que existen e os métodos de adestramento cos que podes mellorar cada un deles.
Non esquezas que para traballar a velocidade son requisitos imprescindibles que os tempos de traballo sexan curtos, que haxa unha recuperación completa entre exercicios e que a intensidade de traballo sexa máxima.
O QUECEMENTO
A VELOCIDADE
No seguinte enlace poderás ver un modelo de exame teórico similar ao que terás que facer a vindeira semana. Se tes dúbidas ao contestalo, poder buscar as respostas nas presentacións. Aproveita a ocasión para comprobar o que sabes e mellorar o teu resultado na proba teórica da avaliación.
Modelo de exame teórico da 1ª avaliación
Ningún comentario:
Publicar un comentario