Nesta entrada podes atopar unha relación de habilidades específicas da ximnasia artístico-deportiva. Para mellorar na súa execución podes premer no enlace e abrir a presentación na que atoparás unha imaxe seriada de cada habilidade, unha descrición de como se realiza, como realizar as axudas precisas e unha indicación dos erros máis habituais na execución para que poidas detectalos e evitalos.
LEMBRA:
- Antes de empezar, SEMPRE, quentar!
- SEGURIDADE ante todo!
- Non realices exercicios para os que non dispoñas de material e axudas apropiados.
- Segue as progresións que aprendiches na clase, pasando de exercicios máis sinxelos a outros cada vez máis complicados.
- NUNCA realices so un exercicio no que non te sintas seguro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario