mércores, 27 de marzo de 2019
FLOORBALL. A XOGAR!
Nesta entrada podes atopar unha presentación coa información precisa para poder xogar ao floorball. Non esquezas que para poder xogar, hai que coñecer ben o regulamento, e para poder arbitrar, máis, así que, ánimo!
Aprendendo a xogar ao floorball
Tamén poderás ver abaixo uns vídeos con exercicios para a mellora da túa técnica co stick. Parece complicado, mais, como todo, coa práctica serás capaz de facer moitas destas habilidades:
VOLEI. TEORÍA E PRACTICA
Nesta entrada atoparás unha presentación cos contidos teóricos máis importantes sobre o volei-praia (historia, xeneralidades e regulamento) e vaios enlaces a vídeos tutoriais cos que podes mellorar a túa técnica e o xogo do teu equipo. Tamén atoparás unha presentación con toda a información que precisas coñecer sobre o voleibol no que poderás coñecer algunhas variantes interesantes.
Bota un vistazo antes de comezar as túas prácticas!
VOLEI PRAIA. TEORÍA E PRÁCTICA
O VOLEIBOL
Bota un vistazo antes de comezar as túas prácticas!
VOLEI PRAIA. TEORÍA E PRÁCTICA
O VOLEIBOL
BADMINTON. Reglas e técnica básica
Nesta presentacion poderás atopar o regulamento básico do bádminton, os tipos de golpeos e algúns enlaces de vídeos que te axudarán a mellorar o teu xogo.
Badminton. Regulamento e bases técnicas.
Tamén podes atopar os criterios de avaliación práctica desta Unidade Didáctica se premes no enlace inferior.
Exame práctico de Badminton. Criterios
Badminton. Regulamento e bases técnicas.
Tamén podes atopar os criterios de avaliación práctica desta Unidade Didáctica se premes no enlace inferior.
Exame práctico de Badminton. Criterios
domingo, 3 de marzo de 2019
EXAME PRACTICO DE ACROSPORT 4º DE ESO
Nesta entrada podedes atopar un impreso e información sobre como preparar o voso exame de Acrosport en grupo.
Lembrade que o primeiro é a seguridade. Empregade elementos de protección e axudas para montar figuras e pirámides.
Elixide un tema e unha música coa que presentalo. Logo decidide os elementos escenográficos (vestiario, maquillaxe, material...) e os coreográficos cos que ides enlazar distintas figuras e pirámides. Establecede as formacións de entrada e saía e a colocación das distintas figuras no espacio.
Por último, non esquezades introducir as distintas figuras e pirámides e os elementos acrobáticos para montalas, desmontalas ou pasar dunha a outra.
Tratade de ser creativos, de introducir elementos innovadores ou sorprendentes e, sobre todo, chegade a acordos de grupo para construir o voso traballo e desfrutar facéndoo. Ánimo!
PLAN DE EXAME DE ACROSPORT PARA 4º DE ESO

EXAME PRACTICO DE ACROSPORT 3 ESO
Nesta entrada podedes atopar unha planilla na que preparar o voso exame práctico de Acrosport.
Non esquezades que o primeiro é a seguridade e que a valoración das figuras inclúe tanto a montaxe como a desmontaxe das mesmas. Tratade de ser creativos de coordinarvos elixindo axeitadamente o rol que cada un desenvolverá en cada figura e sobre todo, de pasalo ben elaborando o voso traballo.
Non esquezades enriquecelo con elementos coreográficos ou acrobáticos para que sexa máis impactante.
PLANILLA PARA O EXAME PRACTICO DE ACROSPORT 3ESO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS
Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...
-
O sistema muscular. Xeneralidades: Dentro do sistema muscular podemos diferencia os músculos tónicos ou posturales, que traballan de forma ...
-
Nesta entrada do blogue podes atopar varias ilustracións cos ósos do esqueleto. Lembra que haberá un exame rápido a última semana de curso. ...
-
Nesta entrada poderás ver presentacións sobre temáticas relacionadas cos hábitos de alimentación e actividade física que inflúen de xeito ...