Estimado alumnado:
A data de entrega dos traballos teóricos é o 3 DE ABRIL DE 2020 (por suposto está é a data límite, non quere dicir que non poidades entregalos antes, eh!)
Lémbrovos que os traballos tedes que envialos ao mail
merce.iespf@gmail.com
1º de ESO:
Traballo colectivo sobre alimentos frescos e procesados (procurade que teña tamén ilustracións que "ilustren", valga a redundancia, o que explicades).
2º de ESO
Traballo colectivo de análise dos produtos que consumides (lembrade incluir a foto do produto e da súa etiqueta nutricional. Tamén podedes indicar se o produto publicita algunha suposta "vantaxe nutricional" como "baixo en azucre, sen glute, sen aceite de palma, con vitamina A..."
e
Traballo colectivo sobre as froitas (ilustracións, por favor!)
Bacharelato
Traballo individual de análise nutricional dos produtos que consumides ou dos alimentos que tedes na nevera (lembrade incluir fotos, táboas, gráficos e todo o que poida aclarar a información que pretendedes transmitir)
e
Entrega dos traballos pendentes de balance calórico persoal (esta etapa é moi interesante para replantexar cal era o voso gasto calórico diario e cal é agora, o que vos leva a replantexar tamén qué estratexia deberiades de adoptar para adaptarvos a esta nova situación. Ánimos!
Lembrade indicar no "asunto" do e-mail o curso e grupo ao que pertenecedes e no corpo da mensaxe os integrantes do grupo que participaron no traballo e os que non o fixeron.
Recordade que cubrir a enquisa de actividade física e a enquisa de hábitos de alimentación supón unha bonificación para a segunda avaliación, así que, se non o fixechedes aínda, ide ao blogue "valle inclán healthy food project", cubrídea e enviádea!
luns, 23 de marzo de 2020
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS
Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...
-
O sistema muscular. Xeneralidades: Dentro do sistema muscular podemos diferencia os músculos tónicos ou posturales, que traballan de forma ...
-
Nesta entrada do blogue podes atopar varias ilustracións cos ósos do esqueleto. Lembra que haberá un exame rápido a última semana de curso. ...
-
Nesta entrada poderás ver presentacións sobre temáticas relacionadas cos hábitos de alimentación e actividade física que inflúen de xeito ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario