Ola rapaces e rapazas,
Entrade no blogue https://vallehealthyfood.blogspot.com/ e buscade as actividades para 2º de ESO, concretamente a que fala do proxecto "Ponlle as Pilas ao teu Bocata".
Lede a información, facede as actividades e preparade as vosas propostas para o concurso de bocatas. O prazo modificouse: podedes enviar as vosas propostas de bocatas ata o 30 de abril.
Facede canto antes as vosas propostas, presentádeas nunha ÚNICA diapositiva de powerpoint ou un programa similar: no lado esquerdo da diapositiva hai que poñer os ingredientes e a elaboración. No lado dereito unha foto do bocata que fixechedes nas que saia unha foto do voso corpo para saber que o fixechedes vos. Despois, enviádeo a merce.iespf@gmail.com
Ánimo, que haberá premio para os tres primeiros clasificados e entre tod@s faremos un recetario para publicalo no blogue.
Saúdos agarimosos e unha aperta a tod@s
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS
Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...
-
O sistema muscular. Xeneralidades: Dentro do sistema muscular podemos diferencia os músculos tónicos ou posturales, que traballan de forma ...
-
Nesta entrada do blogue podes atopar varias ilustracións cos ósos do esqueleto. Lembra que haberá un exame rápido a última semana de curso. ...
-
Nesta entrada poderás ver presentacións sobre temáticas relacionadas cos hábitos de alimentación e actividade física que inflúen de xeito ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario