mércores, 13 de maio de 2020

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA


Agora que xa podedes saír á rúa alomenos unha hora ao día (a min aínda me queda unha semana, pero pronto estaremos todos fóra), imos empezar un novo tipo de traballo.
1. Para recuperarnos un pouquiño deste período de relativa inactividade, propóñovos un pouco de traballo de resistencia aeróbica (suave, que estamos empezando): a través do google maps, da aplicación https://1km.geomatico.es ou dunha aplicación de actividade física que teñades xa instalada, podedes trazar un radio dun kilómetro a partir do voso domicilio. 
PARA GRAVAR AS SESIÓNS PODEDES EMPREGAR UNHA APP DE MÓBIL GRATUITA TIPO RUNTASTIC, QUE VOS DA O PERCORRIDO REALIZADO, O TEMPO INVERTIDO, A VELOCIDADE MEDIA, ETC. PARA GARDAR O TRABALLO PODEDES PEGAR A FOTO DA PANTALLA NUN POWERPOINT E IR ENGADINDO AS SESIÓNS DÍA A DÍA ATA CHEGAR AOS 5'
Unha vez trazado o percorrido, imos tratar de cumprir o obxectivo 1000.5, é dicir, ser capaces de correr un kilómetro en menos de 5 minutos. 
A moitos seravos sinxelo de facer, pois, facédeo e ide incrementando a distanza pouco a pouco! 
A outros custaravos: solución, empezade correndo 5 minutos ao ritmo que vos sexa cómodo (se non fórades capaces de correr cinco minutos seguidos -que estou segura de que sí porque o fixemos en clase moitas veces- facede carros, é dicir, correr un minuto e camiñar outro) e comprobade canto percorrido conseguíchedes facer. 
É importante repetir cada día e tratar de chegar un pouco máis alá. Se dedicades cada día 5 minutos a esta tarefa, acadaredes nun mes o obxectivo. Estou totalmente segura! A maiores podedes ir introducindo na vosa carreira outros exercicios de mobilidade articular e de coordinación con distintos desprazamentos!

2. Despois da resistencia (que so vos ocupou cinco minutos do voso tempo) podemos dedicar outros 10 minutos a realizar tarefas de habilidades con balón. Tedes todos un balón que bote a man?
Estade atentos aos vídeos de habilidades que vos propoño. Para 1º de ESO serán habilidades de basket:

Para un nivel máis avanzado:











Para 2º de ESO e Bacharelato serán habilidades de voleibol que podedes consultar nesta interesante web:

VOLEIBOL EN CASA


ou ver este vídeo con exercicios de aprendizaxe moi interesantes:


3. Ao remate da sesión podedes facer  10 minutos de estiramentos.  Mellorarán a vosa postura corporal, descontraerán a vosa musculatura e contribuirán a que esteades un pouco máis relaxados. Deixovos un enlace ao vídeo dunha compañeira para que os poidades practicar:
Estiramentos con María Fernández


Tamén podedes escoller os que aparecen na seguinte táboa (que xa fixeramos anteriormente)


Agora, aínda vos quedan 35 minutos para desfrutar dun paseo e dos xogos que vos apetezan. 

Ánimo, a moverse e a desfrutar do sol e do airiño fresco!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...