Nos
tempos de MaríaCastaña-19, houbo uns animais que se reuniron e decidiron que
tiñan que formarse para resolver os problemas dun “Mundo Novo”. A primeira decisión foi organizar unha escola. Os máis afoutados e decididos acordaron un plan de actividades. As materias escollidas foron as seguintes:
correr, trepar, nadar e voar (habilidades motrices básicas no mundo animal).
Para que fora máis sinxelo organizar o plan de estudios, acordouse que todos os
animais estudaran todas as materias.
O
pato era excelente nadando. De feito era mellor que o seu profesor, pero so
obtivo cualificacións medianas voando e era moi torpe correndo. Como era tan
lento correndo, tiña que quedar á saída do colexio para practicar a carreira e,
así, tivo que deixar de nadar. Correu e correu ata que as membranas dos seus
pés se desgastaron e, dese xeito, volveuse mediocre tamén nadando. Pero as
cualificacións baixas eran normais na escola e ninguén se preocupou moito... salvo
o pato.
O
coello empezou sendo o mellor de todos na carreira, pero tivo unha crise
nerviosa de tanto traballar para
intentar nadar, así que as súas cualificacións foron moi baixas, o que non preocupou a case ninguén... excepto aos pais do coello!
O
esquío era magnífico trepando, pero tivo moitos problemas nas clases de voo,
porque o profesorado insistía en que saíra voando desde o chan, a pesar de que el quería
facelo desde o alto das árbores. Acabou tendo unhas terribles cambras e obtendo notas
moi baixas tamén na carreira e na trepa.
A aguia
era moi problemática e tivo que aplicárselle unha disciplina moi severa. Na
clase de trepa chegaba antes que ninguén ás copas das árbores, pero insistía en
facelo á súa maneira, e iso non era aceptable na escola. Ao final do curso
converteuse nunha aguia anormal que sabía nadar moi ben e tamén correr e
saltar, pero voar, pouco.
A toupas
negáronse a ir á escola porque a administración non incluira furar e cavar no plan de estudios. Xuntáronse cos ratos e
crearon unha escola privada de gran éxito para o seu colectivo. Alí so facían o que xa se lles daba ben, e así obtiñan altas cualificacións.
Dr. George
Reavis.
Fitness
Ontario Leadership Program
Que cres
que trata de explicar esta historia? Que relación garda coas clases de
Educación Física? Veste capaz de propor unha alternativa que mellore a situación na escola de animais?
Ningún comentario:
Publicar un comentario