Estimado alumnado,
Deixovos aquí a información sobre a carreira solidaria "Eu corro por..." que está a organizar a profesora Ana Santos coa colaboración do Departamento de Educación Física.
Lede a información detidamente e, se podedes, colaborade con esta iniciativa. A vosa participación é voluntaria.
O luns e o martes estarán no IES para que poidades escoller a persoa pola que corredes (están as súas historias colocadas no taboleiro) e tamén para que poidades recoller os vosos dorsais.
Animádevos con esta iniciativa solidaria para rematar o curso dunha forma fermosa!
Xa temos dorsal
O luns 15 e o martes 16 estaremos de 9:00 a 14:00 no IES Valle Inclán
entregando dorsais, alí podedes ver a información dos nenos e nenas
de Uganda. Pola tarde estaremos en Chema Sport de 18:00 a 20:00 horas.
Tamén podes descargalo aqui.
Podes contribuir economicamente por transferencia bancaria o deixando os
teus cartos na urna no instituto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario