BALANCE ENERXÉTICO E NUTRICIÓN
Nas seguintes aprenderás a evitar hábitos alimenticios nocivos que poden conducirte a doenzas crónicas que poderás evitar dun xeito sinxelo seguindo algunhas pautas para unha alimentación saudable como as que propón a Organizacion Mundial da Saúde:
- Non superar os 50 gramos diarios de azucres na alimentación (sumando os que vemos e os que están en alimentos que consumimos).
- Non superar os 5 gramos de sal diariamente.
- Consumir máis dun 10% das graxas diarias en formas saturadas e non consumir graxas hidroxenadas ou trans.
Finalmente, atoparás informacion sobre as vantaxes de seguir a dieta mediterránea e a dieta atlántica. Ánimo. Esta información é fundamental para a túa saúde!
A DIETA MEDITERRÁNEA
A DIETA ATLÁNTICA
Este vídeo publicado polo EUFIC (European Food Information Council) explica de xeito moi gráfico que é o balance enerxético e en qué emplea o noso corpo a enerxía que lle aportan os alimentos. Está en inglés, pero poderás entendelo sinxelamente a través dos gráficos e dos conceptos achegados na primeira presentación desta entrada.