Lembra quentar sempre antes de realizar os exercicios, facer progresións como balanceos ou coelliños antes do exercicio principal. Estirar axudarache a ter mellores execucións e a realizar algúns exercicios (como as volteretas pernas abertas) con máis facilidade.
Na entrada sobre "Exercicios de ximnasia. Indicacións e correccións" podes atopar información para recordar como se fai cada exercicio, en que te debes de fixar e que erros debes de evitar. Consúltaa.
Fíxate ben na execución e, especialmente, nas axudas e a forma de realizalas. E lembra:
- NON tentes experimentar habilidades que non experimentaras ainda e suficientemente na clase, POR EXEMPLO, SALTO INTERIOR, MORTAL OU FLIC-FLAC.
- NON realices ningunha actividade sen material de apoio e medidas de seguridade!
- Podes realizar vídeos co teu móbil para ir corrixindo os defectos que poidas ver.