venres, 1 de maio de 2020

A xogar ao basket… sexa como sexa! 1º de ESO



A xogar ao basket… sexa como sexa!  


Estimado alumnado,
Agora que podemos saír á rúa una hora ao día (cando mellore un pouco o tempo, que o fará. Haberá primavera!) podemos seguir coas clases de EF e iniciarnos na Unidade Didáctica de Basket. Superaremos as eivas e atrancos que atopemos polo camino empregando a imaxinación.

SE IMPLICADES AOS QUE VIVAN NA CASA NA ACTIVIDADE, MOITO MELLOR!

RETO 1
Visionar nos post anteriores do blogue o vídeo de iniciación ao basket (nivel principiante) e tratar de repetir varios dos exercicios mentres vos grabades facéndoo para corrixir erros logo:
1.    Botar o balón sen miralo e sen moverse do sitio (facede todos os exercicios cunha man e logo coa outra, no sexades “unipata”).
2.    Facer o mesmo cos ollos pechados.
3.    Moverse cara adiante botando o balón cos ollos pechados (mirade que non haxa obstáculos no voso camino).
4.    Facede o mesmo camiñando cara atrás (non esquezades ir cambiando de man cada pouco).
5.    Botar o balón de lado (de dereita a esquerda e viceversa) sen moverse do sitio.
6.    Botar o balón de diante a atrás a un lado do corpo (lembra cambiar de man e facelo coa outra tamén).
7.    Botar o balón estando sentado. Podes facer todos os exercicios anteriores (nos que non teñas que moverte) estando sentado. Non esquezas que non debes mirar o balón.
RETO 2
8.    Practica o bote de velocidade ou contraataque correndo (lembra que non podes facer máis de 2 apoios sen botar e que debes botar en diagonal cara adiante -non vertical- para poder correr).
9.    Practica o bote de protección: lembra botar entre as dúas pernas, flexionar cadril e xeonllos e empregar a man libre para parar a un posible adversario: se ven pola dereita, bota coa esquerda e se cambia de lado, cambia a man de bote.
10. Agora o bote de desborde: lembra que o cambio de dirección debe de ser brusco e que se desbordas pola dereita debes de levar o balón nesa man e protexelo coa esquerda do defensor. En cambio, se saes pola esquerda farás exactamente o contrario.
RETO 3
Agora imos cos pases:
1.    Mirade a técnica de pase no titorial que hai no blogue e practicade pases a dúas mans tanto de peito como picados. Fixádevos na técnica!
2.    Conocedes outros tipos de pases? Cales? Podedes facer un pequeño titorial (máximo de 2 minutos) explicando os distintos tipos de pases?
RETO 4
Por fin chegamos ao tiro…
1.    Primeiro revisamos o titorial e tentamos facer cada un dos exercicios ata que nos saian ben. Despois… haberá que dispor dunha canasta! Se non temos, podemos construila!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...