A xogar ao volei… sexa como
sexa!
Agora
que podemos saír á rúa una hora ao día (cando mellore un pouco o tempo, que o
fará. Haberá primavera!) podemos seguir coas clases de EF e iniciarnos na
Unidade Didáctica de Voleibol. Superaremos as eivas e atrancos que atopemos
polo camino empregando a imaxinación. Non fará falta un balón especial, so un lixeiro que bote.
SE IMPLICADES AOS QUE VIVAN NA CASA NA ACTIVIDADE, MOITO MELLOR!
RETO 1
Visionar
no blogue o vídeo de iniciación ao toque de dedos en espazos reducidos e tratar
de repetir varios dos exercicios mentres vos grabades facéndoo para corrixir
erros logo:
1. Colocar
as mans en posición de toque de dedos, flexionar xeonllos e cadril e tratar de
facer alomenos 10 toques seguidos por enriba da cabeza sen agarrar o balón.
2. Ídem
intercalando un toque de dedos cun golpeo coa cabeza.
3. Ídem dando
unha palmada por enriba da cabeza entre toque e toque de dedos.
4. Facer 10
toques de dedos cos ollos pechados sen que vos caia o balón.
5. Tumbados
boca arriba, facer toques de dedos entre as pernas e por detrás das pernas.
Para ir progrsivamente dificultando a tarefa, empezade a facelo cunha man entre
as pernas e a outra por fora. Logo cambiade a man que está entre as pernas e
finalmente alternade as mans en cada toque.
6. Tumbados
boca arriba, facer toques de dedos mentres vos ides levantando aos poucos
(primeiro tumbados, logo sentados e finalmente erguéndovos).
7. Ídem
subindo e baixando progresivamente.
8. Facede
toques de dedos contra a parede (mirade que non haxa obxectos que poidan
romper!).
9. Agora
podedes preparar un circuito –tan complexo como queirades- para ir facendo
toque de dedos sen parar por toda a casa, pero… coidado con non romper nada!RETO 2
1. Facer
toques de antebrazos contra a parede sentados nunha cadeira. Lembrade que os
cóbados deben estar extendidos e as palmas das mans unha sobre a outra.
2. Toques de
antebrazos contra a parede desprazándovos á dereita e esquerda.
3. Toques de
antebrazos alternando o toque coa dereita e coa esquerda.
RETO 3
Agora
imos cos pases:
1. Realizar
10 pases de dedos seguidos a un acompañante que nos devolva o balón bombeado.
2. Ídem co
pase de antebrazos.
3. Realizar un
toque de dedos e logo un de antebrazos alternativamente sen movernos do sitio.
4. Xogar un
partido de toques poñendo unha corda ou goma por enriba da altura das nosas
cabezas. Hai que evitar que o balón toque o chan no noso campo. COIDADO: Está prohibido
golpear o balón cara abaixo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario