O alumnado de 4º da ESO, despois de
coñecer o seu número de aula de EF durante a semana do 2 ao 6 de outubro,
presentará durante a segunda semana de outubro (do 9 ao 13 de outubro) o
traballo desenvolvido sobre a froita que lles caeu en sorte.
O
traballo, presentado en galego normativo e con formato de presentación
(Powerpoint ou similar) debe conter, como mínimo, os seguintes apartados:
Folla
1:
Nome
da froita, nome completo do/a autor/a, curso e grupo.
Folla
2:
Data
de consumo recomendada.
Información
nutricional: Kilocalorías cada 100 gramos, cantidade de nutrientes (proteínas,
graxas e hidratos de carbono que contén en 100 gramos).
Folla
3:
Información
relativa ás vitaminas e aos minerais dos que teña maior cantidade (indicando a
cantidade por 100 gramos) e explicación dos beneficios para a saúde que supón
ese contido en vitaminas e minerais.
Folla
4:
Referencias
da bibliografía ou webgrafía que se manexou para elaborar textos e imaxes.
Por
favor, empregade un formato de presentación co fondo branco e letras negras ou
azuis para facilitar a lectura e pasade os textos por un procesador con
corrector para asegurarvos de que non conteñen erros ortográficos ou
gramaticais.
Os traballos podedes entregalos no mail valledxt@gmail.com indicando no ASUNTO o seguinte: 4 ESO (letra do grupo) e nome completo- con dous apelidos- do/a autor/a.
Os traballos podedes entregalos no mail valledxt@gmail.com indicando no ASUNTO o seguinte: 4 ESO (letra do grupo) e nome completo- con dous apelidos- do/a autor/a.
Ánimo,
cando rematedes xa teredes un dos traballos teóricos da materia feitos!