A xogar ao basket… sexa como sexa!
Estimado
alumnado,
Agora
que podemos saír á rúa una hora ao día (cando mellore un pouco o tempo, que o
fará. Haberá primavera!) podemos seguir coas clases de EF e iniciarnos na
Unidade Didáctica de Basket. Superaremos as eivas e atrancos que atopemos polo camino
empregando a imaxinación.
SE IMPLICADES AOS QUE VIVAN NA CASA NA ACTIVIDADE, MOITO MELLOR!
RETO 1
Visionar
nos post anteriores do blogue o vídeo de iniciación ao basket (nivel principiante) e tratar de
repetir varios dos exercicios mentres vos grabades facéndoo para corrixir erros
logo:
1. Botar o
balón sen miralo e sen moverse do sitio (facede todos os exercicios cunha man e
logo coa outra, no sexades “unipata”).
2. Facer o
mesmo cos ollos pechados.
3. Moverse
cara adiante botando o balón cos ollos pechados (mirade que non haxa obstáculos
no voso camino).
4. Facede o
mesmo camiñando cara atrás (non esquezades ir cambiando de man cada pouco).
5. Botar o
balón de lado (de dereita a esquerda e viceversa) sen moverse do sitio.
6. Botar o
balón de diante a atrás a un lado do corpo (lembra cambiar de man e facelo coa
outra tamén).
7. Botar o
balón estando sentado. Podes facer todos os exercicios anteriores (nos que non
teñas que moverte) estando sentado. Non esquezas que non debes mirar o balón.
RETO 2
8. Practica
o bote de velocidade ou contraataque correndo (lembra que non podes
facer máis de 2 apoios sen botar e que debes botar en diagonal cara adiante -non
vertical- para poder correr).
9. Practica
o bote de protección: lembra botar entre as dúas pernas, flexionar
cadril e xeonllos e empregar a man libre para parar a un posible adversario: se
ven pola dereita, bota coa esquerda e se cambia de lado, cambia a man de bote.
10. Agora o bote
de desborde: lembra que o cambio de dirección debe de ser brusco e que se
desbordas pola dereita debes de levar o balón nesa man e protexelo coa esquerda
do defensor. En cambio, se saes pola esquerda farás exactamente o contrario.
RETO 3
Agora
imos cos pases:
1. Mirade a
técnica de pase no titorial que hai no blogue e practicade pases a dúas mans
tanto de peito como picados. Fixádevos na técnica!
2. Conocedes
outros tipos de pases? Cales? Podedes facer un pequeño titorial (máximo de 2
minutos) explicando os distintos tipos de pases?
RETO 4
Por
fin chegamos ao tiro…
1. Primeiro
revisamos o titorial e tentamos facer cada un dos exercicios ata que nos saian
ben. Despois… haberá que dispor dunha canasta! Se non temos, podemos
construila!