sábado, 30 de setembro de 2017

Traballo para alumnado de 4º ESO


O alumnado de 4º da ESO, despois de coñecer o seu número de aula de EF durante a semana do 2 ao 6 de outubro, presentará durante a segunda semana de outubro (do 9 ao 13 de outubro) o traballo desenvolvido sobre a froita que lles caeu en sorte.
O traballo, presentado en galego normativo e con formato de presentación (Powerpoint ou similar) debe conter, como mínimo, os seguintes apartados:
Folla 1:
Nome da froita, nome completo do/a autor/a, curso e grupo.
Folla 2:
Descrición da froita e variantes da mesma que se poden atopar no mercado do noso país.
Data de consumo recomendada.
Información nutricional: Kilocalorías cada 100 gramos, cantidade de nutrientes (proteínas, graxas e hidratos de carbono que contén en 100 gramos).
Folla 3:
Información relativa ás vitaminas e aos minerais dos que teña maior cantidade (indicando a cantidade por 100 gramos) e explicación dos beneficios para a saúde que supón ese contido en vitaminas e minerais.
Folla 4:
Referencias da bibliografía ou webgrafía que se manexou para elaborar textos e imaxes.

Por favor, empregade un formato de presentación co fondo branco e letras negras ou azuis para facilitar a lectura e pasade os textos por un procesador con corrector para asegurarvos de que non conteñen erros ortográficos ou gramaticais.
Os traballos podedes entregalos no mail valledxt@gmail.com indicando no ASUNTO o seguinte: 4 ESO (letra do grupo) e nome completo- con dous apelidos- do/a autor/a.


Ánimo, cando rematedes xa teredes un dos traballos teóricos da materia feitos!

venres, 29 de setembro de 2017

Distancias e velocidades de trote "cómodo"

O alumnado que realizou a actividade de carreira por parellas poderá atopar a súa velocidade de carreira continua “suave” na seguinte lista:
Durante 6 minutos corremos por parellas, relaxadamente e falando, ao remate anotamos o número de voltas que demos nese tempo:
2 voltas = 666 metros = tardarían 9 minutos en percorrer  1000 metros = 6´6 Km/hora
3 voltas = 1000 metros = tardan 6 minutos en percorrer  1000 metros = 10 Km/ hora
4 voltas = 1333 metros = tardarían 4´30 segundos en percorrer  1000 metros = 13´3 Km/hora

5 voltas = 1666 metros = tardarían 3´40 segundos en percorrer  1000 metros = 16,3 Km/hora

mércores, 27 de setembro de 2017

Traballo para alumnado de 2º de ESO. Un almorzo saudable

Nesta ventá poderás ver unha presentación na que te explican por que é tan importante almorzar ben e facelo cada día, que características debe ter o teu almorzo e como podes empezar cada día cheo de enerxía.
Se  eres un alumno ou alumna de 2º de ESO, preme na presentación para preparar o traballo sobre o almorzo que deberás de presentar a primeira semana de outubro. A data límite é o 6 de outubro de 2017. No traballo, presentado en word ou arquivo powerpoint ou similar, terás que indicar o seguinte:
1ª folla:
Título: "O almorzo de ..." (seguido do teu nome completo, cos dous apelidos)
Curso e grupo no que estudias.
2ª folla:
O almorzo que realizas habitualmente durante a semana, é dicir, os días que ves ao instituto.
3ª folla:
Como podes mellorar o teu almorzo, engandindo ou eliminando algúns alimentos, para que teña as calorías e nutrintes axeitados segundo indica a presentación.
4ª folla:
Se consultaches algún documento, libro, revista ou web para facer o traballo, a referencia bibliográfica ou webgrafía do que consultaches.
Podes enviar o teu traballo ao e-mail valledxt@gmail,com indicando no ASUNTO  do correo os seguintes datos:
2 ESO (letra do teu grupo) e nome completo con dous apelidos



Ideas garrafales!

Neste arquivo do laboratorio "Activilandia" os responsables da estratexia NAOS preséntanche ata 10 ideas absurdas ou conductas que deberías evitar  para mellorar a túa alimentación e os teus hábitos saudables. Bota un vistazo premendo sobre o enlace!

Ideas garrafales!

venres, 22 de setembro de 2017

Traballo para alumnado de 3º de ESO. O quecemento

O departamento de Educación Física do IES Milladoiro achega esta unidade didáctica sobre o quecemento que vos aportará información básica sobre o mesmo e un modelo de traballo para que aprendades a deseñar a vosa persoal rutina en función das vosas características e da actividade que teñades programado facer despois. Ánimo!
O guión de traballo PROPOÑO O MEU QUECEMENTO serviravos para ter unha guía. Deberedes entregar os traballos en arquivos de Powerpoint ou similares e podedes incluír as imaxes e textos que queirades sempre que no capítulo final indiquedes as referencias, é dicir, de que libros ou  páxinas webs sacáchedes a información. Lembrade que os buscadores (tipo google ou yahoo) non son referencias, son a ferramenta coa que buscades as webs ou imaxes que vos interesan.
Este traballo forma parte da avaliación teórica de 3º de ESO. A data límite de entrega será o 6 de outubro de 2017.
Os traballos podedes remitilos ao mail valledxt@gmail.com indicando no asunto os seguintes datos:
3 ESO (letra do voso grupo) e nome completo do/a autor/a (cos dous apelidos).
Pinchade no enlace para ver o tema e o guión do traballo

O QUECEMENTO

Ánimo! Cando entreguedes este traballo teredes feita unha parte da asignatura nesta avaliación.

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...