domingo, 29 de marzo de 2020

RETO DO CHARLESTÓN!

Aquí vos deixo este fantástico vídeo cunha coreografía de charlestón (o baile típico dos anos 20). Como estamos de novo nos anos 20 (do século XXI, neste caso) pídovos que tentedes facer unha coreografía similar. Lembrade que esta danza expresa diversión, alegría, lixeireza... así que... traballade esa actitude!
Unha aperta a todos e todas e moitos ánimos!

LET'S TWIST AGAIN EN FAMILIA...cortesía da familia de Paula Fariña

Algún alumnado mandoume xa vídeos das súas "performances" e, entre eles, pareceume xenial este twist en familia. Noraboa polo talento, o esforzo de vestiario e, especialmente, polo bo humor!



Traballo de expresión corporal para 1º de ESO

Estimado alumnado,
Como ben sabedes, rematamos as clases empezando unha Unidade Didáctica de Expresión Corporal.
Propóñovos como exercicio para esta vindeira semana que busquedes un deporte que conozades ben, escollades unha música que vos inspire e tratedes de elaborar unha parodia sobre el. Como sabedes, unha parodia é unha imitación que caracteriza ou imita humorísticamente unha actividade: imítanse os seus xestos esaxerándoos, facéndoos fallidos ou sacándoos de contexto de xeito que resulten graciosos. Lembrade que a velocidade (demasiado lento ou demasiado rápido), o ritmo (sincronizacións ou asincronías), saídas de contexto (que o que fas non pegue co entorno no que se fai), histrionismo (exaseración dos movementos) ou xestualidade (xestos corporais ou faciales) son recursos para elaborar a vosa parodia. Deíxovos uns exemplos nos seguintes vídeos. LEMBRADE GARDAR AS VOSAS OBRAS NA VOSA CARPETA PORTAFOLIO PERSOAL!

Aquí vos deixo un exemplo gravado polo voso compañeiro Hugo:


NATACION SINCRONIZADA!





BILLAR E XIMNASIA ARTÍSTICA


mércores, 25 de marzo de 2020

ADIVIÑAS OLÍMPICAS

REMATADO O PRAZO PARA ENVIAR RESPOSTAS. XA NON ENVIEDES MÁIS, POR FAVOR. HABERÁ NOVOS RETOS A VINDEIRA SEMANA. 

No arquivo de Powerpoint que atoparás premendo no enlace atoparás 12 mascotas dos Xogos Olímpicos.


Eres quen -agora que os XXOO de Tokyo 2020 se aplazaron ata o ano 2021- de identificar a cada mascota polo seu nome e adiviñar de que edición dos XXOO foi protagonista? 
Pon nome a cada mascota e intenta saber a edición dos xogos que protagonizaron (nome da cidade e o ano no que se celebraron). 
Cubre a última diapositiva coas respostas e envíaas canto antes a 
merce.iespf@gmail.com
Os dez primeiros recibiredes un pequeno detalle á volta e unha bonificación da vosa nota! 
Ánimo e a buscar información olímpicamente!

ADIVIÑAS OLÍMPICAS

martes, 24 de marzo de 2020

TUTORIAL DE MALABARES. A PRACTICAR!

Ola, estimado alumnado
Neste post vouvos deixar uns titoriais para aprender a facer bolas de malabares, para aprender algúns "trucos" con dúas bolas e outros con tres. Animádesvos a intentalo? Se conseguides facelos, metédeos no voso portafolio e... maior bonificación (vou ter que poñer 10 a moita xente!😜)
Unha aperta grande e... a por eses malabares!

luns, 23 de marzo de 2020

ENTREGAS DE TRABALLOS

Estimado alumnado:

A data de entrega dos traballos teóricos é o 3 DE ABRIL DE 2020 (por suposto está é a data límite, non quere dicir que non poidades entregalos antes, eh!)

Lémbrovos  que os traballos tedes que envialos ao mail 

merce.iespf@gmail.com

1º de ESO:
Traballo colectivo sobre alimentos frescos e procesados (procurade que teña tamén ilustracións que "ilustren", valga a redundancia, o que explicades). 

2º de ESO
Traballo colectivo de análise dos produtos que consumides (lembrade incluir a foto do produto e da súa etiqueta nutricional. Tamén podedes indicar se o produto publicita algunha suposta "vantaxe nutricional" como "baixo en azucre, sen glute, sen aceite de palma, con vitamina A..."
e
Traballo colectivo sobre as froitas (ilustracións, por favor!)

Bacharelato 
Traballo individual de análise nutricional dos produtos que consumides ou dos alimentos que tedes na nevera (lembrade incluir fotos, táboas, gráficos e todo o que poida aclarar a información que pretendedes transmitir)
e
Entrega dos traballos pendentes de balance calórico persoal (esta etapa é moi interesante para replantexar cal era o voso gasto calórico diario e cal é agora, o que vos leva a replantexar tamén qué estratexia deberiades de adoptar para adaptarvos a esta nova situación. Ánimos!

Lembrade indicar no "asunto" do e-mail o curso e grupo ao que pertenecedes e no corpo da mensaxe os integrantes do grupo que participaron no traballo e  os que non o fixeron.

Recordade que cubrir a enquisa de actividade física e a enquisa de hábitos de alimentación supón unha bonificación para a segunda avaliación, así que, se non o fixechedes aínda, ide ao blogue "valle inclán healthy food project", cubrídea e enviádea!

domingo, 22 de marzo de 2020

ALTERNATIVAS Á COREOGRAFÍA DE DANZA URBANA DO DÍA DE EUROPA. 1º de ESO

Estimado alumnado de 1º de ESO:
Ireivos colgando coreografías diversas . A primeira é a danza urbana que vos colguei para realizar o día de Europa. Lembrade que podedes gravarvos facéndoa e ila gardando na vosa carpeta-portafolio particular xunto cos datos do test de Ruffier-Dickson, as habilidades en escaleira de axilidade, os desprazamentos "animais", a rutina de estiramentos en 10 minutos, etc. Cada cousa que fagades irá engadindo bonificacións á vosa nota.

Agora cólgovos un par de vídeos totalmente distintos para que vaiades escollendo o que queredes facer para o portafolio. Se conseguides que algún membro da familia faga algún delescon vós, a bonificación será doble, así que, animádevos!

venres, 20 de marzo de 2020

RETOS PARA O ALUMNADO DE BACHARELATO NOCTURNO

Ola rapaces e rapazas!
Como van estes días de corentena? Espero que esteades activos, que comades cada día máis san e que saiades á porta ou á ventana a respirar aire puro cada pouco.
Aquí vos deixo un vídeo de dous minutiños e medio cun "challenge" ou reto relacionado con exercicios de CORE. Podedes practicalo e tamén tentar que outras persoas da casa o fagan con vós. Non esquezades gravarvos para ir metendo todo o que fagades na vosa carpeta-portafolio particular.
O segundo vídeo é un workout a ritmo de Beyoncé.
Ánimo. Lembrade quentar un pouco antes e estirar sempre despois (bueno, xa vos poño un reto de estiramentos de Vanesa Lorenzo. A ver como se vos dan!
Por certo, podedes atopar un par de titoriais sobre saltos da comba na entrada dirixida a alumnado de 2 de ESO...Como sei que vos gustou esa clase, podedes tentar mellorar. Así desenvolveredes a vosa coordinación xeral e tamén faredes un traballo cardiovascular.

COREOGRAFIA PARA ALUMNADO DE 1º DE ESO

Ola rapaces e rapazas de 1º de ESO
Como imos ter algúns problemas para poder desenvolver coreografías grupais, por agora, propóñovos que aprendades esta coreografía que o alumnado do Valle Inclán vai facer o día de Europa (8 de maio). Todos os que participen nela terán a bonificación habitual por participar en actividades físicas extraescolares.
Ide aprendendo os distintos pasos practicando cada un deles en secuencias repetidas 4 veces e cando os saibades facer, unídeos. Cando os teñades memorizados podedes practicala con música e gravala para ir gardándoa no voso portafolio (a carpeta do portafolio teredes que entregala á volta cando todos esteamos de novo no centro). Suxírovos que lla ensinedes aos vosos irmáns e familiares para gravar un vídeo conxunto como o de mostra.
Non deixedes de  revisar o blogue porque vos irei colgando distintos exercicios e retos. Cantos máis teñades gravados no voso portafolio, maior bonificación!

luns, 16 de marzo de 2020

MARCHA ANIMAL PARA 1º DE ESO

A ver se sodes quen de imitar estas 10 formas de marcha animal!

MARCHA ANIMAL!

RETOS DE AXILIDADE PARA 1º DE ESO A, B, C e D

No vídeo que podedes ver no enlace atoparedes unha serie de exercicios para desenvolver a vosa axilidade. Neste caso son exercicios en escaleira de coordinación que podedes substituir por unha escaleira idéntica pintada con tiza nun corredor ou sala grande.
A ver se sodes capaces de facelos todos coordinadamente!
Á volta probaremos a facelos e os que os teñades dominados teredes unha bonificación! Ánimo!

EXERCICIOS DE AXILIDADE EN ESCALEIRA DE COORDINACIÓN



EXERCICIOS DE AXILIDADE. 2ª PARTE




APLICACIONS PARA MANTERSE EN FORMA DURANTE A CORENTENA. 1º Bacharelato

Ola rapaces,
Aquí vos deixo información sobre unhas cuantas aplicacións que permiten pasar o tempo, manterse en forma e incluso controlar os menús durante este estrano período de corentena que pasaremos todos. Botádelles un vistazo e, se atopades outras máis interesantes, no dubidedes en enviarme o nome para compartilas polo grupo de Whatsapp.

Asana Rebel: Esta herramienta está orientada a practicar yoga y hacer ejercicio para intentar perder peso. Así, se puede aprovechar estos duros e inciertos momentos para ponerse algo en forma o mantener la línea dentro de lo que se pueda. Y, de paso, dejar atrás el estrés. Está disponible para Android e iOS.
8Fit: Este servicio incluye numerosas funciones, entre ellas, sesiones interactivas para hacer actividades deportivas. Y va a venir bien en estos momentos en donde se va a pasar bastante tiempo en casa. Se puede llevar a cabo planes de entrenamiento que pueden hacer en cualquier situación. Además, ya de paso, cuenta con menús adaptados a las circunstancias. Está disponible para iOS y Android.
Reto 30 días: De igual manera, esta “app” permite completar una serie de planes de fitness aptos para cualquier usuario, ajustándose así por días. Para que sea más intuitivo, hay vídeos de ejercicios que permiten trabajar cada parte del cuerpo. Y para los que lleven un mejor control, planes de entrenamiento personalizados. Está disponible para iOS y Android.

TRABALLO SOBRE A FROITA PARA 2º DE ESO A, B, C e D.

Premendo no enlace poderás acceder ao blogue VALLE INCLÁN HEALTHY LIFE PROJECT no que tes as instruccións para facer o teu SEGUNDO traballo da avaliación.
A data de entrega do traballo é o 3 DE ABRIL DE 2020.
Para entregar o traballo deberedes de remitilo ao mail merce.iespf@gmail.com indicando un e-mail ao que vos poida remitir correccións e, no apartado ASUNTO, o voso curso e grupo. Non esquezades indicar os integrantes do grupo de traballo no texto do mail.
Non esquezades cumplimentar todos os apartados do traballo. Cada un dos 5 apartados supón 2 puntos se está correcto, de xeito que a nota final pode acadar o 10.
Deberá de entregarse en arquivo de presentación de diapositivas (POWERPOINT ou similar) ou en procesador de texto (WORD ou similar). Non o entreguedes en PDF porque así non poderei facer correccións.  Os 4 traballos máis destacados, ademais de ter mellor nota, converteranse en revistas virtuais no blogue  para que a comunidade educativa os poida ler. Así, entre todos, contribuimos a mellorar a súa alimentación. 

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...