xoves, 28 de novembro de 2019

O QUECEMENTO.- 1º de ESO

Se premes no enlace e vas lembrando o que se falou na clase ou investigando sobre a materia poderás cubrir completamente as preguntas do exame nas que se pregunta por cuestións relacionadas co quecemento.
Podes cubrir o teu exame para preparalo e tamén podes preguntar dúbidas sobre algunha pregunta na clase. Lembra, sempre nas datas anteriores ao exame!

EXAME DE QUECEMENTO. 1º ESO

A VELOCIDADE. RÁPIDO, RÁPIDO! 2º DE ESO

Premendo no enlace poderás repasar algúns conceptos relacionados coa velocidade. Lembra que na clase fixemos distintos exercicios para mellorar ou medir a velocidade e tamén para aprender a diferenciar distintos tipos de velocidade. Todos eles son esenciais.
Lembra que se tes dúbidas poderás consultalas coa profesora antes da data do exame.

A VELOCIDADE

Como ben sabedes, para facer unha sesión destinada a mellorar a velocidade, é imprescindible quentar ben, así que deixovos aquí  un modelo de exame para que repasedes as cuestións sobre o quecemento, a súa estrutura e partes e lembredes algún exercicio de cada unha delas.
Podedes cubrir o exame para preparalo e preguntar dúbidas en clase, sempre antes da data do exame teórico!

O QUECEMENTO. 2º DE ESO

A FLEXIBILIDADE. ESA DESCOÑECIDA! 1º DE ESO



Se premes nos enlaces poderás atopar unha presentación sobre a flexibilidade e tamén outra na que repasar os movementos que fan as distintas articulacións do corpo (Non é preciso que memorices os músculos, pero sí que movementos pode facer cada articulación).
Lembra que se tes dúbidas sobre calquera dos dous temas, podes aclaralas falando coa profesora antes do día do exame!

A FLEXIBILIDADE

A MOBILIDADE ARTICULAR

martes, 5 de novembro de 2019

ÓSOS E ARTICULACIÓNS PARA 1º E 2º DE ESO

Premendo no enlace poderás abrir a presentación na que aparecen os nomes de distintos ósos do esqueleto humano e tamén das principais articulacións. Cando remates, cubre a folla de actividade tentando acertar cada un dos nomes. Ánimo!

Ósos e articulacións para 1º e 2º de ESO

Premendo no seguinte enlace podes ver o modelo de exame desta parte da materia para preparalo. Se tes calquera dúbida, non deixes de consultar coa profesora.

MODELO DE EXAME DE 1º E 2º DE ESO ÓSOS E ARTICULACIÓNS


III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...