xoves, 15 de febreiro de 2018

TRABALLO DE NUTRICIÓN PARA 4º ESO

Nesta entrada atoparás o arquivo no que podes realizar o traballo sobre nutrición correspondente á segunda avaliación. O prazo para entregar o arquivo cuberto é ata o 15 de marzo.

O traballo realizarase en grupos de 5 persoas. Cada unha delas analizará un produto: trátase de 1) escoller un produto que adoitedes consumir ti ou os teus compañeiros ou compañeiras durante o tempo de lecer e 2) analizar a súa etiqueta nutricional para 3) valorar criticamente a súa composición segundo as recomendacións que fai a Organización Mundial para a Saúde (OMS) que veñen recollidas no arquivo e 4) propor unha alternativa que poida resultar máis saudable ou que corrixa as desviacións nutricionais observadas, se pode ser, atrainte.

Lembra que se o produto non ten exactamente 100 gramos deberás de recalcular tanto as Kilocalorías como a cantidade de nutrientes que contén unha ración, paquete ou bolsa.

Non esquezas engadir ao traballo unha folla coas fotos dos produtos e das súas etiquetas nutricionais!

Se tes calquera dúbida, non dudes en consultar antes de entregar o teu traballo. Premendo no enlace que hai abaixo podes abrir o arquivo cos exercicios necesarios para presentar o traballo:

TRABALLO DE NUTRICION

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...