martes, 31 de outubro de 2017

BAREMOS DAS PROBAS DE FORZA

No documento que verás ao pinchar sobre o enlace poderás ver os baremos da probas asociadas a distintas manifestacións da forza:
Forza Resistencia
Forza Explosiva do tren superior e do tren superior
Forza máxima isométrica
Coas táboas poderás ver a calificación asociada ao teu rendemento establecida por un estudio realizado con 505 alumnos e alumnas de secundaria.

Baremos para probas de forza



PORTAFOLIO PARA ALUMNADO DE 4º ESO

No documento que se abre ao pinchar no enlace, poderás ver un modelo de portafolio no que podes ir recollendo os teus datos antropométricos, fisiolóxicos e de capacidades físicas e coordinativas. Podes facer un documento similar ou aproveitar este modelo para ir enchendo os datos que xa obtiveras nas distintas probas que imos realizando.
O portafolio será un dos traballos de avaliación que se terá que presentar impreso ao remate da mesma, nas clases da primeira semana de decembro. Non esquezas poñer o teu nome completo, curso e grupo.

Portafolio de EF

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...