martes, 25 de xuño de 2019

ENQUISA SOBRE A VIAXE A CANTABRIA DE 4º DE ESO

O alumnado de 4º de ESO realizou unha saída aos Picos de Europa durante a que desenvolveron varias actividades de iniciación ao deporte aventura como o descenso do Sella en piragua, sendeirismo pola Olla do Dobra, iniciación ao descenso de barrancos, espeleoloxía ou competiciónsd e paintball.
Co obxectivo de mellorar as actividades programadas propómosvos cubrir este cuestinario e facernos saber a vosa opinión ANTES DO REMATE DO MES DE XUÑO.

CUESTIONARIO EXCURSIÓN DE 4º DE ESO A PICOS DE EUROPA

Non esquezades premer o botón de ENVIAR ao rematar. Grazas!

luns, 3 de xuño de 2019

A FROITA. TRABALLO DE 2º DE ESO

Premendo no enlace poderás acceder ao blogue VALLE INCLÁN HEALTHY LIFE PROJECT no que tes as instruccións para facer o teu traballo da avaliación en grupo. Lembra que se sodes rápidos escollendo unha froita non corredes o risco de que xa estea reservada por outro grupo.
A data de entrega do traballo é o 14 de xuño de 2019. 
Non esquezades cumplimentar todos os apartados do traballo. Cada un dos 5 supón 2 puntos se está correcto, de xeito que a nota final pode acadar o 10.
Deberá de entregarse impreso para a súa corrección, pero gardade o arquivo porque os 10 traballos máis destacados, ademais de ter mellor nota, converteranse en revistas virtuais no blogue  para que a comunidade educativa as poida ler. 

CUESTIONARIO SOBRE AS CLASES DE FLOORBALL

Preme no enlace e poderás contestar tres preguntas sobre a Unidade Didáctica de Floorball que estás facendo. Le con detenemento as preguntas e todas as respostas antes de elixir unha. Non esquezas ENVIAR ao remate. Grazas, coa túa contribución podemos mellorar!

CUESTIONARIO SOBRE A UD DE FLOORBALL

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...