luns, 12 de novembro de 2018

OS CORPOS DO DEPORTE

Nesta presentación amósase unha exposición do fotógrafo Howard Schatz titulada "Corpos do deporte" sobre a que o País Semanal fixo unha reportaxe en 2013.
Como poderás comprobar, non existe un corpo do deporte, senón unha ampla diversidade que responde ás esixencias de cada modalidade deportiva.
Malia que algúns e algunhas non responden ao estereotipo que imaxinaríamos, todas as persoas retratadas son deportistas de elite mundial.

Racha isto algunha das túas ideas preconcebidas? Coidado cos estereotipos!

OS CORPOS DO DEPORTE

ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE. ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE OS HÁBITOS

Nesta entrada poderás ver presentacións sobre temáticas relacionadas cos hábitos de alimentación e actividade física que inflúen de xeito considerable na saúde. Bota un vistazo!

O SAL E A HIPERTENSIÓN ARTERIAL

COLESTEROL E SEDENTARISMO. MALA IDEA!

O AZUCRE. COIDADO COS EXCESOS!

DECÁLOGO DE IDEAS GARRAFAIS

ACTIVIDADE FÍSICA E SAUDE. O ALMORZO





Almorzar é fundamental para ter unha boa saúde e un bo rendemento nas actividades diarias. Na seguinte presentación poderás comprobar a importancia de realizar un bo almorzo e tamén algunhas recomendacións para que sexa completo e equilibrado.

O ALMORZO

domingo, 11 de novembro de 2018

CONTIDOS PARA 2º DE ESO. O QUECEMENTO E A VELOCIDADE

Nesta entrada poderás visitar dúas presentacións esenciais para preparar os contidos teóricos de Educación Física.
A primeira presentación explica os beneficios do quencemento, os cambios que produce no organismo, como se organiza e presenta exemplos de exercicios de cada fase do quencemento que te poden servir de mostra para elaborar o teu propio quecemento particular.


Non esquezas que unha das preguntas do exame consistirá en que elabores, de forma individual, un quecemento para unha modalidade deportiva que elixas. O quecemento debe contar con todas as súas partes ordenadas e ter varios exercicios para cada parte. Ponte xa e así poderás consultar coa profesora as dúbidas e teralo preparado o día do exame.

A segunda presentación explica unha capacidade física: a velocidade. Tamén os tipos de velocidade que existen e os métodos de adestramento cos que podes mellorar cada un deles.

Non esquezas que para traballar a velocidade son requisitos imprescindibles que os tempos de traballo sexan curtos, que haxa unha recuperación completa entre exercicios e que a intensidade de traballo sexa máxima.

O QUECEMENTO

A VELOCIDADE

No seguinte enlace poderás ver un modelo de exame teórico similar ao que terás que facer a vindeira semana. Se tes dúbidas ao contestalo, poder buscar as respostas nas presentacións. Aproveita a ocasión para comprobar o que sabes e mellorar o teu resultado na proba teórica da avaliación.

Modelo de exame teórico da 1ª avaliación

CONTIDOS PARA 3º DE ESO. A RESISTENCIA

A resistencia é unha capacidade física determinante pola súa relación coa saúde cardiovascular.
Existen distintos tipos de resistencia en función do sustrato que os músculos empregan para realizar o exercicio, da duración e a intensidade deste e do tipo de refugallo que se produce na degradación de nutrientes.
En función dos tipos de resistencia que busquemos mellorar, é mellor realizar un tipo de exercicio físico (por exemplo, os métodos contínuos) ou outro (como o adestramento fraccionado).
Non esquezas que o organismo funciona sempre como un "continuum" no que prevalecen unha ruta metabólica ou outra sen que ningunha se peche completamente nunca.

 A RESISTENCIA

Se premes no seguinte enlace poderás atopar un modelo de exame co que comprobar os teus coñecementos. Comproba abrindo as presentacións se as túas respostas son correctas.

Exame da 1ª avaliación. 3º de ESO

domingo, 4 de novembro de 2018

CONTIDOS PARA 4º ESO: A FORZA


Nesta presentación poderás atopar resumidos os contidos teóricos relacionados coa forza, capacidade física de soportar ou vencer, a través do traballo muscular, unha carga ou resistencia. Bota unha ollada premendo no enlace e non esquezas preguntar sobre as dúbidas que te xurdan.


A FORZA

Lembra que tes que aprender os nomes e localización dos músculos esqueléticos antes do 15 de novembro. É importante para poder traballar sobre como desenvolvelos ou estiralos. Podes repasar e probar os teus coñecementos premendo nos enlaces ou copiando os enderezos URL das páxinas de repaso que están na presentación.

Se queres ir vendo un modelo de exame teórico sobre o tema, preme neste enlace:

EXAME TEÓRICO DE 4º DE ESO 1ª AVALIACIÓN

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...