xoves, 31 de xaneiro de 2019

ACROSPORT

O Acrosport é unha modalidade deportiva do campo das actividades ximnásticas na que se traballa formando figuras e pirámides mediante o enlace ou apoio de varios executantes.
Na presentación seguinte poderás coñecer un pouco mellor este deporte e verás figuras e pirámides de dúos, tríos, quintetos e grandes grupos. Serviranche para ir preparando o traballo final desta Unidade Didáctica.
O Acrosport. Características xerais.
Tamén podes ver unhas notas que che axudarán a elaborar unha coreografía grupal.
Pasos para elaborar unha coreografía
Lembra que o exercicio de acrosport non só se debe compor de figuras e pirámides, senón que se valorarán os elementos coreográficos como a distribución no espazo dos executantes (formacións); os cambios de disposición no espazo ou evolucións (poden ser pasos de baile, preacrobacias, movementos ondulatorios...); as pre-acrobacias ou acrobacias que se inclúan no exercicio; as coordinacións (sincronizacións e secuencias) e, EN TODO MOMENTO, a capacidade para seguir o RITMO da música que escollíchedes. Outros elementos que vos axudarán a vestir a vosa coreografía son os escenográficos (vestiario, maquillaxe, luz, outros elementos que se introduzan na escena...). finalmente, non esquezades que este exercicio ten un obxectivo EXPRESIVO: tentade transmitir a través da expresión corporal e dos xestos un estado de ánimo, unha idea, unha situación, etc... ou simplemente tratade de crear un efecto estético.

Neste vídeo poderás ver unha coreografía sinxela na que maquillaxe, vestiario e uns pasos básicos de danza permiten presentar un traballo orixinal. Como vedes, non é preciso ter nocións avanzadas de danza para poder encher o voso exericio de acrosport con ideas e elementos coreograficos e escenográficos: 





luns, 7 de xaneiro de 2019

CAMBIO DE DATAS E CIRCUITO DO CROS ESCOLAR

A xornada zonal do Cros Escolar suspendida o pasado día 19 de decembro de 2018 foi trasladada ao vindeiro día 10 de xaneiro de 2019. 
Terá lugar en Marín e a saída está prevista para as 10.40 desde o IES Valle Inclán.
Lembrade recoller e traer asinada a autorización o mércores 9 sen falta.

Material para levar ao cros:
  1. Roupa para correr
  2. Calzado para correr
  3. Auga para tomar antes e despois da proba
  4. Roupa de abrigo para antes e despois da proba
  5. Podedes levar unha mochila que quedará nas carpas da organización, pero -pola vosa seguridade- non levedes dispositivos móbiles nin cartos
Aquí tes unha imaxe do circuito e unha táboa cos horarios de participación:

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...