domingo, 21 de xaneiro de 2018

ÓSOS DO CORPO HUMANO

  Nesta entrada poderas abrir un arquivo de PDF cos principais ósos do corpo humano numerados e coa medida da súa altura para unha persoa adulta duns 170 cm de estatura.
  Mira cal é o teu número de clase e deseña os ósos que correspondan ao teu número, vistos desde diante, en tamaño natural e sobre cartulina de cor beige. Se son extremidades, fai os da dereita e os da esquerda. Se son vértebras ou costelas, fainas todas. Se son ósos do tarso ou do carpo, podes debuxalos xuntos como se colocan no corpo. Se son falanxes ou metacarpianos, lembra facer os 5 de cada extremidade.
  Ademáis de deseñar os ósos, terás que buscar os seus nomes en galego, español, inglés, francés e alemán para logo poder indicarllos ao resto do alumnado nas tarxetas que se engadirán aos esqueletes.
  Ánimo e adiante. Este traballo ten de prazo para entregarse ata o 31 de xaneiro de 2018 e valorarase como un dos traballos teóricos da avaliación.

  Cando os teñamos todos, ensamblarémolos polas articulacións e contruiremos o noso propio Frankestein.

Ósos do corpo humano

No seguinte enlace tes 30 preguntas básicas sobre ósos coas que poderás preparar o teu exame de Educación Física. Podes facer a actividade, saber cando cometes un erro e contabilizar canto tempo tardas en constestalas todas correctamente.

Repasa o esquelete humano



III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...