luns, 27 de novembro de 2017

BALANCE ENERXÉTICO E NUTRICIÓN

Na primeira presentación desta entrada poderás atopar información importante sobre a nutrición e o balance enerxético (a diferenza entre a enerxía que precisamos e a que consumimos a través dos alimentos).
BALANCE ENERXÉTICO E NUTRICIÓN

Nas seguintes aprenderás a evitar hábitos alimenticios nocivos que poden conducirte a doenzas crónicas que poderás evitar dun xeito sinxelo seguindo algunhas pautas para unha alimentación saudable como as que propón a Organizacion Mundial da Saúde:

  1. Non superar os 50 gramos diarios de azucres na alimentación (sumando os que vemos e os que están en alimentos que consumimos).
  2. Non superar os 5 gramos de sal diariamente.
  3. Consumir máis dun 10% das graxas diarias en formas saturadas e non consumir graxas hidroxenadas ou trans.




Finalmente, atoparás informacion sobre as vantaxes de seguir a dieta mediterránea e a dieta atlántica. Ánimo. Esta información é fundamental para a túa saúde!

A DIETA MEDITERRÁNEA

A DIETA ATLÁNTICA



Este vídeo publicado polo EUFIC (European Food Information Council) explica de xeito moi gráfico que é o balance enerxético e en qué emplea o noso corpo a enerxía que lle aportan os alimentos. Está en inglés, pero poderás entendelo sinxelamente a través dos gráficos e dos conceptos achegados na primeira presentación desta entrada.


luns, 13 de novembro de 2017

A FLEXIBILIDADE

Premendo no enlace poderás ver unha presentación en PDF con aspectos clave sobre a Flexibilidade e a forma de desenvolvela.

A FLEXIBILIDADE

O modelo de exame deixou de estar dispoñible.

A FORZA

Ao premer no enlace abrirase unha presentación en PDF que che axudará a aspectos clave relacionados co tema da FORZA.

A FORZA

Revisando a presentación e facendo memoria sobre as clases poderás respostar ás preguntas do EXAME DA 1ª AVALIACIÓN sobre este tema.

O modelo de exame deixou de estar dispoñible.

2º DE ESO. Traballo sobre o quecemento

No arquivo de texto que se abre ao premer no enlace poderedes atopar as instruccións para facer o traballo sobre o quecemento.
Antes de realizar o traballo sería bo que consultarades a publicación titulada "O quecemento" neste mesmo blogue.

O quecemento.

Lembrade que a data de entrega final é o 30 de novembro, que debedes indicar TODOS os membros do grupo que realizaron o traballo.
Hai que entregar unha copia impresa antes dese día.

TRABALLO SOBRE O QUECEMENTO


III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...