mércores, 8 de xaneiro de 2020

HABILIDADES XIMNÁSTICAS PARA 2º DE ESO

No vídeo seguinte, elaborado por estudantes de 2º de Ciencias do Deporte, poderás ver como se executan algunhas habilidades motrices específicas da ximnasia e como realizar axudas durante o proceso de aprendizaxe. Algunhas delas podes practicalas sobre unha alfombra pequena ou esterilla. Outras dependerán do espazo do que dispoñas e de se tes axudantes.
Lembra quentar sempre antes de realizar os exercicios, facer progresións como balanceos ou coelliños antes do exercicio principal. Estirar axudarache a ter mellores execucións e a realizar algúns exercicios (como as volteretas pernas abertas) con máis facilidade.
Na entrada sobre "Exercicios de ximnasia. Indicacións e correccións" podes atopar información para recordar como se fai cada exercicio, en que te debes de fixar e que erros debes de evitar. Consúltaa.
Fíxate ben na execución e, especialmente, nas axudas e a forma de realizalas. E lembra:
  1. NON tentes experimentar habilidades que non experimentaras ainda e suficientemente na clase, POR EXEMPLO, SALTO INTERIOR, MORTAL OU FLIC-FLAC.
  2. NON realices ningunha actividade sen material de apoio e medidas de seguridade!
  3. Podes realizar vídeos co teu móbil para ir corrixindo os defectos que poidas ver.




martes, 7 de xaneiro de 2020

EXERCICIOS DE XIMNASIA. INDICACIÓNS E CORRECCIÓNS


Nesta entrada podes atopar unha relación de habilidades específicas da ximnasia artístico-deportiva. Para mellorar na súa execución podes premer no enlace e abrir a presentación na que atoparás unha imaxe seriada de cada habilidade, unha descrición de como se realiza, como realizar as axudas precisas e unha indicación dos erros máis habituais na execución para que poidas detectalos e evitalos.

LEMBRA:
  1. Antes de empezar, SEMPRE, quentar!
  2. SEGURIDADE ante todo!
  3. Non realices exercicios para os que non dispoñas de material e axudas apropiados.
  4. Segue as progresións que aprendiches na clase, pasando de exercicios máis sinxelos a outros cada vez máis complicados.
  5. NUNCA realices so un exercicio no que non te sintas seguro.
Preme no enlace e mira cada habilidade con detenemento. Fíxate nos erros a evitar e na forma de realizar as axudas para ter máis seguridade:

Habilidades Ximnásticas Básicas

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...