mércores, 8 de xaneiro de 2020

HABILIDADES XIMNÁSTICAS PARA 2º DE ESO

No vídeo seguinte, elaborado por estudantes de 2º de Ciencias do Deporte, poderás ver como se executan algunhas habilidades motrices específicas da ximnasia e como realizar axudas durante o proceso de aprendizaxe. Algunhas delas podes practicalas sobre unha alfombra pequena ou esterilla. Outras dependerán do espazo do que dispoñas e de se tes axudantes.
Lembra quentar sempre antes de realizar os exercicios, facer progresións como balanceos ou coelliños antes do exercicio principal. Estirar axudarache a ter mellores execucións e a realizar algúns exercicios (como as volteretas pernas abertas) con máis facilidade.
Na entrada sobre "Exercicios de ximnasia. Indicacións e correccións" podes atopar información para recordar como se fai cada exercicio, en que te debes de fixar e que erros debes de evitar. Consúltaa.
Fíxate ben na execución e, especialmente, nas axudas e a forma de realizalas. E lembra:
  1. NON tentes experimentar habilidades que non experimentaras ainda e suficientemente na clase, POR EXEMPLO, SALTO INTERIOR, MORTAL OU FLIC-FLAC.
  2. NON realices ningunha actividade sen material de apoio e medidas de seguridade!
  3. Podes realizar vídeos co teu móbil para ir corrixindo os defectos que poidas ver.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...