domingo, 31 de decembro de 2017

RECUPERACIÓNS DA 1ª AVALIACIÓN

Recuperacións das materias pendentes da 1ª Avaliación:
Os alumnos e alumnas que teñades suspensa algunha parte da 1ª avaliación, lembrade que teredes que recuperalas á volta das vacacións de Nadal.
Para os de 3º e 4º deixovos os modelos de exames teóricos e para os de 2º de ESO, xa tedes os vosos traballos coas correccións precisas para melloralos. Non o esquezades!

EXAME DE FLEXIBILIDADE. 3º DE ESO

EXAME DE FORZA. 4º DE ESO

O alumnado que ten pendentes probas prácticas terá a oportunidade de recuperalas durante o mes de xaneiro. Os que tedes que realizar habilidades tedes unha entrada cuns vídeos destas para que poidades revisalas e practicalas.

IMPORTANTE: Non esquezades cubrir, no blogue http://pdcvalleinclan.blogspot.com.es/ a enquisa de hábitos nutricionais. Está na etiqueta AF Saudable. So tes que abrila, cubrila e enviala. É a primeira tarefa a entregar na 2ª avaliación e bonifica con 0,5 puntos!


Desfrutade das vacacións pero non esquezades preparar a volta!


luns, 11 de decembro de 2017

TRABALLO SOBRE HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS

Se seguides este pequeno guión seredes quen de deseñar un magnifico circuíto de habilidades motrices básicas e estaredes entregando xa o primeiro traballo teórico da segunda avaliación.
Lembrade que:
1.-  Todos os membros do grupo teñen que participar no traballo.
2.- Os nomes deben de indicarse cos dous apelidos.
3.- Debedes de comprobar cun corrector que os vosos textos non teñen faltas de ortografía.
4.- Se empregades información e imaxes tomadas de libros ou webs, lembrade indicalo no apartado de referencias bibliográficas.
5.- A data límite de entrega é o 15 de xaneiro de 2018.
6.- Un membro do grupo deberá de enviar o traballo a valledxt@gmail.com

Premede no enlace de abaixo
para ver o guión que vos axudará a facer este traballo.

TRABALLO SOBRE HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...