domingo, 31 de maio de 2020

NA PRAIA TAMÉN PODEMOS ENTRENAR! PARA TODO O ALUMNADO

Neste vídeo podedes ver algúns exercicios para practicar na auga, agora que xa podemos ir á praia un anaquiño.

O traballo na auga é moi esixente pero, pola contra, ten a vantaxe de que produce poucas lesións.

Probade a facer varias series de cada un dos exercicios do vídeo. A vosa musculatura agradecerao!

E na area tamén podemos facer exercicios para mellorar a nosa técnica de carreira! Estes exercicios axudaranvos a acadar o reto 1000.5 (correr un Km en 5 minutos) ao alumnado de 1º e/ou 2º de ESO. E ao alumnado de bacharelato axudaralles a mellorar a súa velocidade de carreira no test dos 3 x 500m.
ÁNIMO E ADIANTE A TODA, pero ide pouco a pouco, que os adestramentos na auga e, especialmente, sobre a area son moi esixentes e pasarvos pode provocar lesións por sobrecarga.

luns, 25 de maio de 2020

CUESTIONARIO SOBRE TAREFAS REALIZADAS (ATA O 1 DE XUÑO)

IMPORTANTE! 
Non esquezades cubrilo tod@s
No seguinte enlace atoparás un cuestionario no que rexistrar as actividades que realizou o alumnado ata o mes de xuño. Non esquezas cubrir todos os campos antes de premer no botón "enviar".
Se aínda non realizaches algunha das tarefas propostas, ponte en marcha, que quedan aínda dúas semanas!
Lembra que todas as actividades teñen que estar gardadas na túa carpeta persoal (no teu ordenador e/ou nun pendrive). Non o esquezas!
Podes realizar tamén algúns retos ou tarefas persoais que te apetezan e aportalas á túa carpeta.

Lembra: máis actividades = maior bonificación!

xoves, 21 de maio de 2020

RESULTADOS DOS CONCURSOS

Despois das deliveracións do xurado do plan Proxecta, aquí tedes o seu veredito.

Parabéns a tod@s @s participantes polo seu bo facer e por aportarnos as súas receitas. 

Tamén aos primeiros clasificados. 
Agora podemos poñer as receitas todas en práctica. 
Lembrade que tedes o recetario no blogue para ver como preparar estes platos.

Estade alertam, porque a partir do 1 de xuño publicarase o lugar e hora de entrega dos agasallos para os mellores clasificados dos concursos.

Concurso de Adiviñas Olímpicas (10 primeiros en entregar):

  1. Irene Alonso Carballo
  2. Miguel Ángel Sabarís Infanzón
  3. Alejandro Ramos
  4. Blanca Castro
  5. Mª Fernández García
  6. María Pardo Sánchez
  7. Kamelia Mekouar González
  8. Inés Reyes
  9. Claudia Veiras Troitiño
  10. Carolina López Bazarra
Concurso de receitas con froitas (3 primeiras clasificadas):

  1. Paula Fariña
  2. María Fernández
  3. María Lorenzo
Concurso de receitas con peixes e mariscos (5 primeiros clasificados):
  1. Hugo Sánchez
  2. María Fernández  (*)
  3. María Lorenzo (*)
  4. Claudia Pérez
  5. Candela García
  6. Rosalía Justo (reserva)
  7. Candela Gómez (reserva)
Concurso de bocatas (3 primeiros clasificados):
  1. María Pardo 
  2. Víctor Rey
  3. Cecilia Rodríguez
TOD@S ATENT@S!
LEMBRADE, HABERÁ NOVAS O 1 DE XUÑO!

xoves, 14 de maio de 2020

PRACTICANDO COA ESCALEIRA DE AXILIDADE

Hugo Gosende e Paula deixánnos un vídeo cos seus exercicios básicos na escaleira de axilidade. Pódese empregar unha escaleira ou tamén se pode "fabricar" cunha cinta ou xiz. Imposible non é nada!

Na próxima entrega trataremos de avanzar cara exercicios máis complexos.

Atreveste a facer ti un vídeo con esas tarefas complexas?  E a facelo conxuntamente con outr@s compañeir@s?

Lembra que tes un vídeo de exemplo publicado hai unhas semanas. 

VIDEO DO DÍA DA EF NA CASA

As compañeiras Paula Fariña e María Fernández deixanvos un vídeo da actividade "Día da Educación Física na Casa". 
Elas conseguiron realizar os retos propostos e algúns máis. 

E ti? 
Preme no enlace,visiona o vídeo e trata de superar os retos.
Lembra, imposible non é nada!

mércores, 13 de maio de 2020

LISTOS PARA EMPEZAR A EF NA RÚA?

Agora que xa podedes saír á rúa alomenos unha hora ao día (a min aínda me queda unha semana, pero pronto estaremos todos fóra), imos empezar un novo tipo de traballo.
1. Para recuperarnos un pouquiño deste período de relativa inactividade, propóñovos un pouco de traballo de resistencia aeróbica (suave, que estamos empezando): a través do google maps, da aplicación https://1km.geomatico.es ou dunha aplicación de actividade física que teñades xa instalada, podedes trazar un radio dun kilómetro a partir do voso domicilio. 
PARA GRAVAR AS SESIÓNS PODEDES EMPREGAR UNHA APP DE MÓBIL GRATUITA TIPO RUNTASTIC, QUE VOS DA O PERCORRIDO REALIZADO, O TEMPO INVERTIDO, A VELOCIDADE MEDIA, ETC. PARA GARDAR O TRABALLO PODEDES PEGAR A FOTO DA PANTALLA NUN POWERPOINT E IR ENGADINDO AS SESIÓNS DÍA A DÍA ATA CHEGAR AOS 5'
Unha vez trazado o percorrido, imos tratar de cumprir o obxectivo 1000.5, é dicir, ser capaces de correr un kilómetro en menos de 5 minutos. 
A moitos seravos sinxelo de facer, pois, facédeo e ide incrementando a distanza pouco a pouco! 
A outros custaravos: solución, empezade correndo 5 minutos ao ritmo que vos sexa cómodo (se non fórades capaces de correr cinco minutos seguidos -que estou segura de que sí porque o fixemos en clase moitas veces- facede carros, é dicir, correr un minuto e camiñar outro) e comprobade canto percorrido conseguíchedes facer. 
É importante repetir cada día e tratar de chegar un pouco máis alá. Se dedicades cada día 5 minutos a esta tarefa, acadaredes nun mes o obxectivo. Estou totalmente segura! A maiores podedes ir introducindo na vosa carreira outros exercicios de mobilidade articular e de coordinación con distintos desprazamentos!

2. Despois da resistencia (que so vos ocupou cinco minutos do voso tempo) podemos dedicar outros 10 minutos a realizar tarefas de habilidades con balón. Tedes todos un balón que bote a man?
Estade atentos aos vídeos de habilidades que vos propoño. Para 1º de ESO serán habilidades de basket:

Para un nivel máis avanzado:

Para 2º de ESO e Bacharelato serán habilidades de voleibol que podedes consultar nesta interesante web:

VOLEIBOL EN CASA

ou ver este vídeo con exercicios de aprendizaxe moi interesantes:

3. Ao remate da sesión podedes facer  10 minutos de estiramentos.  Mellorarán a vosa postura corporal, descontraerán a vosa musculatura e contribuirán a que esteades un pouco máis relaxados. Deixovos un enlace ao vídeo dunha compañeira para que os poidades practicar:
Estiramentos con María Fernández

Tamén podedes escoller os que aparecen na seguinte táboa (que xa fixeramos anteriormente)

Agora, aínda vos quedan 35 minutos para desfrutar dun paseo e dos xogos que vos apetezan. 

Ánimo, a moverse e a desfrutar do sol e do airiño fresco!

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

luns, 11 de maio de 2020

BASKET... SEXA COMO SEXA

LEMBRADE: O ALUMNADO QUE NON DISPOÑA DE BALÓN DEBERÁ DE VER A PRESENTACIÓN SOBRE HIXIENE POSTURAL E OS VÍDEOS CORRESPONDENTES A ESTA E, DESPOIS, FACER AS ACTIVIDADES PROPOSTAS NA MESMA.

Para o alumnado que dispón de balón que bote, o seguinte vídeo.  Veredes varios retos de basket que podedes lograr cun pouco de práctica. Estades preparad@s? Pois, adiante a toda!!!

ALTERNATIVAS AOS BALÓNS DE VOLEI

Alumnado de 2º de ESO,
Se non podedes dispor dun balón de volei ou similar, non vos agobiedes. Mirade nos primeiros minutos deste vídeo como cun balón de praia hinchable se poden practicar as tarefas de aprendizaxe da técnica do voleibol (premede no enlace):

Ocórresevos algún outro obxecto co que practicar os toques de dedos, de antebrazos, o saque ou o remate? Poñede a funcionar a imaxinación e ...cámara, acción!

sábado, 9 de maio de 2020

HABILIDADES XIMNÁSTICAS BÁSICAS

Un grupo de compañeiras de 2º de ESO C tivo a xenerosidade de amosarnos o pequeno vídeo de habilidades ximnásticas básicas que compuxeron desde o confinamento. 
Grazas por compartilo con todo o alumnado de 2º para que sirva de exemplo.
Atrevédesvos a emulalas? 
Agora xa podedes facelo en espazos naturais.
Aproveitádevos da natureza para compoñer o voso traballo.
Abofé que quedará moi fermoso!

xoves, 7 de maio de 2020

RECETARIO "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA"

Podedes ver as receitas de bocatas saudables elaboradas polo alumnado do IES Valle Inclán dentro do programa "Ponlle as pilas ao teu bocata" do Plan Proxecta Aliménta-T Ben.
Parabéns e grazas a tod@s @s participantes.
Agora a esperar os resultados do concurso!

RECETARIO "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

Xa temos  un recetario para cociñar produtos do mar deliciosos e moi saudables.
Parabéns e grazas a todo o alumnado participante por achegarnos as súas receitas.
E atent@s á resolución do concurso!

venres, 1 de maio de 2020

A xogar ao volei… sexa como sexa! 2º de ESO e Bacharelato

A xogar ao volei… sexa como sexa!

Agora que podemos saír á rúa una hora ao día (cando mellore un pouco o tempo, que o fará. Haberá primavera!) podemos seguir coas clases de EF e iniciarnos na Unidade Didáctica de Voleibol. Superaremos as eivas e atrancos que atopemos polo camino empregando a imaxinación. Non fará falta un balón especial, so un lixeiro que bote.

SE IMPLICADES AOS QUE VIVAN NA CASA NA ACTIVIDADE, MOITO MELLOR!

RETO 1
Visionar no blogue o vídeo de iniciación ao toque de dedos en espazos reducidos e tratar de repetir varios dos exercicios mentres vos grabades facéndoo para corrixir erros logo:
1.    Colocar as mans en posición de toque de dedos, flexionar xeonllos e cadril e tratar de facer alomenos 10 toques seguidos por enriba da cabeza sen agarrar o balón.
2.    Ídem intercalando un toque de dedos cun golpeo coa cabeza.
3.    Ídem dando unha palmada por enriba da cabeza entre toque e toque de dedos.
4.    Facer 10 toques de dedos cos ollos pechados sen que vos caia o balón.
5.    Tumbados boca arriba, facer toques de dedos entre as pernas e por detrás das pernas. Para ir progrsivamente dificultando a tarefa, empezade a facelo cunha man entre as pernas e a outra por fora. Logo cambiade a man que está entre as pernas e finalmente alternade as mans en cada toque.
6.    Tumbados boca arriba, facer toques de dedos mentres vos ides levantando aos poucos (primeiro tumbados, logo sentados e finalmente erguéndovos).
7.    Ídem subindo e baixando progresivamente.
8.    Facede toques de dedos contra a parede (mirade que non haxa obxectos que poidan romper!).
9.    Agora podedes preparar un circuito –tan complexo como queirades- para ir facendo toque de dedos sen parar por toda a casa, pero… coidado con non romper nada!

  RETO 2
1.    Facer toques de antebrazos contra a parede sentados nunha cadeira. Lembrade que os cóbados deben estar extendidos e as palmas das mans unha sobre a outra.
2.    Toques de antebrazos contra a parede desprazándovos á dereita e esquerda.
3.    Toques de antebrazos alternando o toque coa dereita e coa esquerda.

RETO 3
Agora imos cos pases:
1.    Realizar 10 pases de dedos seguidos a un acompañante que nos devolva o balón bombeado.
2.    Ídem co pase de antebrazos.
3.    Realizar un toque de dedos e logo un de antebrazos alternativamente sen movernos do sitio.
4.    Xogar un partido de toques poñendo unha corda ou goma por enriba da altura das nosas cabezas. Hai que evitar que o balón toque o chan no noso campo. COIDADO: Está prohibido golpear o balón cara abaixo!

A xogar ao basket… sexa como sexa! 1º de ESO

A xogar ao basket… sexa como sexa!  

Estimado alumnado,
Agora que podemos saír á rúa una hora ao día (cando mellore un pouco o tempo, que o fará. Haberá primavera!) podemos seguir coas clases de EF e iniciarnos na Unidade Didáctica de Basket. Superaremos as eivas e atrancos que atopemos polo camino empregando a imaxinación.

SE IMPLICADES AOS QUE VIVAN NA CASA NA ACTIVIDADE, MOITO MELLOR!

RETO 1
Visionar nos post anteriores do blogue o vídeo de iniciación ao basket (nivel principiante) e tratar de repetir varios dos exercicios mentres vos grabades facéndoo para corrixir erros logo:
1.    Botar o balón sen miralo e sen moverse do sitio (facede todos os exercicios cunha man e logo coa outra, no sexades “unipata”).
2.    Facer o mesmo cos ollos pechados.
3.    Moverse cara adiante botando o balón cos ollos pechados (mirade que non haxa obstáculos no voso camino).
4.    Facede o mesmo camiñando cara atrás (non esquezades ir cambiando de man cada pouco).
5.    Botar o balón de lado (de dereita a esquerda e viceversa) sen moverse do sitio.
6.    Botar o balón de diante a atrás a un lado do corpo (lembra cambiar de man e facelo coa outra tamén).
7.    Botar o balón estando sentado. Podes facer todos os exercicios anteriores (nos que non teñas que moverte) estando sentado. Non esquezas que non debes mirar o balón.
RETO 2
8.    Practica o bote de velocidade ou contraataque correndo (lembra que non podes facer máis de 2 apoios sen botar e que debes botar en diagonal cara adiante -non vertical- para poder correr).
9.    Practica o bote de protección: lembra botar entre as dúas pernas, flexionar cadril e xeonllos e empregar a man libre para parar a un posible adversario: se ven pola dereita, bota coa esquerda e se cambia de lado, cambia a man de bote.
10. Agora o bote de desborde: lembra que o cambio de dirección debe de ser brusco e que se desbordas pola dereita debes de levar o balón nesa man e protexelo coa esquerda do defensor. En cambio, se saes pola esquerda farás exactamente o contrario.
RETO 3
Agora imos cos pases:
1.    Mirade a técnica de pase no titorial que hai no blogue e practicade pases a dúas mans tanto de peito como picados. Fixádevos na técnica!
2.    Conocedes outros tipos de pases? Cales? Podedes facer un pequeño titorial (máximo de 2 minutos) explicando os distintos tipos de pases?
RETO 4
Por fin chegamos ao tiro…
1.    Primeiro revisamos o titorial e tentamos facer cada un dos exercicios ata que nos saian ben. Despois… haberá que dispor dunha canasta! Se non temos, podemos construila!

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...