luns, 11 de xuño de 2018

EXAME TIPO DE VOLEIBOL


1-Canto mide a cancha de voleibol?
9 m. x 18 m.

2- Cantos xogadores integran un equipo de voleibol?
Un total de 12: 6 titulares e 6 suplentes

3- Como se chama o xogador que utiliza o uniforme diferente e cal é a súa funcion?
Denomínase libero e é o xogador netamente defensor. A súa función é recibir e non pode xogar en ataque nin rematar.

4 - Cales son os fundamentos ou toques  básicos do voleibol? Conta o remate como un toque?
Saque,  recepción, colocación, remate e bloqueo. Non

5- Cantos toques se poden realizar por xogada?
Cada equipo pode realizar como  maximo ata 3 toques. Non existe un  mínimo, pero si un  maximo de 3 toques. No terceiro debe pasar a pelota á cancha contraria.

6- Faltas de toque  segun as regras do voleibol
CATRO TOQUES: un equipo toca o balón catro veces antes de devolvelo.
TOQUE ASISTIDO: un xogador apóiase nun compañeiro ou nunha estrutura/obxecto para alcanzar o balón dentro da área de xogo.
RETENCION: un xogador non golpea o balón, e o balón é retido e/ou lanzado.
DOBRE GOLPE: un xogador golpea o balón dúas veces en forma consecutiva ou o balón toca sucesivamente varias partes do seu corpo.
INVASIÓN: un xogador pisa o campo do equipo contrario, sobrepasa coa mano u o brazo a rede cara o campo contrario ou apoia o seu corpo sobre a rede para rematar.

7- Nomear 4 situacións nas cales un equipo pode marcar un punto.
Sempre que un xogador realiza unha acción de xogo contraria ás regras, ou as viola, comete unha falta de xogo que é pitada por un dos árbitros. O equipo contrario obterá un punto.
Cando un equipo consegue que o balón toque o chan no campo dos adversarios, gaña un punto.
Cando un equipo comete una falta de colocación (os xogadores incumplen a regra de colocación na recepción), o equipo contrario acada un punto.
Se un equipo envía o balón fora do campo ou o devolve por fora dos 9 metros de ancho do campo, o equipo contrario obtén un punto.
Se dúas ou máis faltas son cometidas simultaneamente por dous adversarios, declárase DOBRE FALTA e repítese a xogada.

8- Como se realiza a  rotacion no voleibol
Hai 6 xogadores no campo. Os xogadores 2,3,4, son dianteiros (as zonas cóntanse de dereita a esquerda mirando cara a rede). Os xogadores: 5,6,1, son defensas ou zagueiros (na zona de recepción o xogador 5 ocupa o espazo da esquerda e o 1 o da dereita). O xogador que pón en xogo o balón é o xogador número 1 (defensor dereito).

A rotación faise sempre que un equipo recupere o saque. Os seus compoñentes efectuarán unha rotación dun posto no sentido das agullas do reloxo (mirando cara a rede).
9- Cando un equipo de voleibol pode gañar un set?
Un set (excepto o decisivo 5º set) é gañado polo equipo que primeiro anota 25 puntos, cunha vantaxe mínima de 2 puntos. En caso dun empate 24 – 24, o xogo continúa ata conseguir unha vantaxe de 2 puntos (26 – 24, 27 – 25…).
10- Cando gaña un partido?
O partido é gañado polo equipo que gaña tres sets.
No caso de empate 2 – 2, o set decisivo (5º) xógase a 15 puntos cunha diferenza mínima de 2 puntos.

No seguinte enlace podedes atopar resposta a algunhas das dúbidas que vos xurden ao xogar ou ver retransmitido un partido de voleibol. Son interesantes para saber un pouco máis do xogo: 10 PREGUNTAS ESTRELA

EXAME TIPO DE BÁDMINTON


1)    Debuxa o campo de Bádminton e sinala :
a)    O campo de dobres.
b)    A zona de xogo de individuais (sombreándoa)
c)    A zona de saque de individuais (marcándoa cunha frecha)
2)    De cantos xogos consta un partido de bádminton?
3)    De cuantos puntos consta un xogo?
4)    Que fai falta para anotarse un punto?
5)    Quen gaña o xogo cando se empata a 20 puntos?
6)    Que ocorre cando o tenteo por empates sobe mais de 29 puntos?
7)    Cando se cambian os xogadores de pista?
8)    Onde debe colocarse un xogador para realizar un saque?
9)    Onde debe colocarse un xogador para recibir un saque?
10) No momento do saque, onde debe estar o volante ao ser golpeado pola raqueta?
11) Como debe estar colocada a raqueta, no saque, ao golpear o volante?
12) No xogo de individuais, cando se coloca o servidor na zona de saque dereita?
13) No xogo de individuais Cando se coloca o servidor na zona de saque esquerda?
14) No xogo de dobres é falta se devolve o saque o compañeiro do  recibidor?
15) É falta se durante o xogo o volante roza a rede e pasa alén?
16) É falta se un xogador golpea o volante dúas veces seguidas?
17) É falta se ,no xogo de dobres, o volante é golpeado sucesivamente por un xogador e o seu compañeiro?
18) É falta, se no xogo de dobres; un xogador golpea o volante ,e despois de golpealo un dos seus adversarios ,volve golpealo?
19) Quen se anota un tanto, se ao realizar un saque, o  recibidor non lle dá ao volante e este cae no campo contrario entre a rede e a liña de saque curto?
20) Quen se anota un tanto, se ao realizar un saque, o  recibidor non lle dá ao volante e este cae no campo contrario na zona de saque diagonalmente oposta ao que saca?


ESQUELETO HUMANO

Nesta entrada do blogue podes atopar varias ilustracións cos ósos do esqueleto. Lembra que haberá un exame rápido a última semana de curso.
Nas figuras que verás a continuación podes ir repasando os nomes. Tamén veñen en inglés, pero non fai falla que os saibas nese idioma!
Cando remates podes probar a colocar os nomes no esqueleto mudo que verás ao final do post ou a facer a actividade de autoavaliación que ven a continuación del. Se aínda non o tes claro, repasa e faille unha visita ao noso amigo Yerai!









Esqueleto mudo para comprobar como vas de memoria:

Actividade de autoavaliación. Preme no enlace e proba os teus coñecementos... ou a sorte que tes!


Ah, e non esquezas mirar tamén as articulacións, que, como ben sabes, son a unión de dous ou máis ósos:

Saberías dicir que ósos compoñen cada unha destas articulacións?

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...