xoves, 15 de outubro de 2020

SISTEMA MUSCULAR. MÚSCULOS TÓNICOS E FÁSICOS. QUE QUERE DICIR ISTO (BACHARELATO)



O sistema muscular. Xeneralidades:



Dentro do sistema muscular podemos diferencia os músculos tónicos ou posturales, que traballan de forma continuada no mantemento da postura corporal e teñen tendencia a fortalecerse e acortarse:



Por outra banda, podemos atopar músculos fásicos, que únicamente se contraen cando facemos exercicios concretos que os solicitan. Se non traballan diariamente teñen tendencia a debilitarse e elongarse:

 

Consecuencias na postura corporal do acurtamento de músculos tónicos e debilitamento de músculos fásicos na zona dorsal: hipercifose dorsal.


Consecuencias na postural corporal do acurtamento de músculos tónicos de debilitamento de músculos fásicos na zona lumbar: hiperlordose lumbar.


E como podemos acurtar ou elongar a musculatura mentres a desenvolvemos? Neste enlace poderás ver un video no que che dan unhas indicacións moi útiles se acostumas a traballar a forza.



Tipos de contraccións musculares:




APARELLO LOCOMOTOR. QUE É ISO? MANIOTAS? E QUE SON AS MANIOTAS?

No seguintes vídeos verás unha información moi básica sobre o aparello locomotor e os músculos (lembra que debes aprender os nomes e onde se atopa cada un deles) e tamén sobre ese fenómeno tan estrano que son as maniotas...tivéchelas algunha vez? Seguro que sí.

No remate da entrada tedes un novo vídeo con 25 preguntas sobre o aparello muscular... a ver cantas sodes capaces de acertar! Despois de cada pregunta teredes unha breve explicación coa resposta acertada. Ánimo e adiante!

Aparello locomotor I:  Continuamos?



Empezamos con moitas gañas, pero xa temos maniotas? 

No seguinte vídeo podedes aprender que son as maniotas, por que e como se producen e que se pode facer para que desaparezan.

Algunha vez escoitáchedes algún dos mitos aos que se fai referencia no vídeo, tomachedes auga con azucre, dixéronvos que eran cristales de ácido láctico? 


SISTEMA CIRCULATORIO II

O SISTEMA CIRCULATORIO I

 












mércores, 14 de outubro de 2020

RETOS DE COMBA PARA O ALUMNADO

Ola rapaces e rapazas de 2º de ESO.
Como sei que os exercicios de comba que fixemos nalgunha sesión melloran a coordinación, a forza das pernas e a vosa condición física xeral, deíxovos aquí un par de vídeos para que poidades lembralos e practicalos. So fai falla unha corda da medida que vos indican no vídeo. 
Lembrade non cometer os principais erros que aparecen no vídeo 1 e despois lanzádevos aos retos dos vídeos 2 (exercicios básicos), 3 (exercicios avanzados) e 4 (master, por cortesía do blogue do IES Trasierra) que vos deixo aquí:

NIVEL MASTER:
- Nomes dos exercicios complexos:
1.- Dobre balanceo ou látigo.
2.- Xiro 360.
3.- Cambio de sentido.
4.- Cruzado (criss-cross).
5.- Balanceo cruce ou toreiro.
6.- Criss-cross abrir e pechar.
7.- Sandwich.
8.- Crougar.
9.- Paso de corda sen salto.
10.- Dobre salto.
11.- Dobre cruzado.
12.- Látigo con dobre salto.
13.- Triple salto.
14.- Dobre látigo con salto.
15.- Xiro completo.
16.- Enrollar ao brazo con 360.
17.- Enrollar ao brazo con 360 e backward toad.

 

Podedes retar ás vosas familias a facelo tan ben coma vos!
Non esquezades quentar antes e estirar as pernas ao remate (especialmente os cuádriceps e os xemelgos).

ERROS A EVITAR
https://youtu.be/z5GXHvrIl1k

NIVEL BÁSICO


NIVEL AVANZADO

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...