mércores, 27 de marzo de 2019

FLOORBALL. A XOGAR!



Nesta entrada podes atopar unha presentación coa información precisa para poder xogar ao floorball. Non esquezas que para poder xogar, hai que coñecer ben o regulamento, e para poder arbitrar, máis, así que, ánimo!

Aprendendo a xogar ao floorball





Tamén poderás ver abaixo uns vídeos con exercicios para a mellora da túa técnica co stick. Parece complicado, mais, como todo, coa práctica serás capaz de facer moitas destas habilidades:

VOLEI. TEORÍA E PRACTICA

Nesta entrada atoparás unha presentación cos contidos teóricos máis importantes sobre o volei-praia (historia, xeneralidades e regulamento) e vaios enlaces a vídeos tutoriais cos que podes mellorar a túa técnica e o xogo do teu equipo.  Tamén atoparás unha presentación con toda a información que precisas coñecer sobre o voleibol no que poderás coñecer algunhas variantes interesantes.
Bota un vistazo antes de comezar as túas prácticas!

VOLEI PRAIA. TEORÍA E PRÁCTICA

O VOLEIBOL

BADMINTON. Reglas e técnica básica

Nesta presentacion poderás atopar o regulamento básico do bádminton, os tipos de golpeos e algúns enlaces de vídeos que te axudarán a mellorar o teu xogo.

Badminton. Regulamento e bases técnicas.


Tamén podes atopar os criterios de avaliación práctica desta Unidade Didáctica se premes no enlace inferior.

Exame práctico de Badminton. Criterios

domingo, 3 de marzo de 2019

PROPOSTAS DE IMAXES DE ACROSPORT


COMPOSICIÓNS DE ACROSPORT

ACRO CHALLENGE

FIGURAS ACROSPORT

FIGURAS EN GRUPOS POR DIFICULTADES

EXAME PRACTICO DE ACROSPORT 4º DE ESO

Nesta entrada podedes atopar un impreso e información sobre como preparar o voso exame de Acrosport en grupo.
Lembrade que o primeiro é a seguridade. Empregade elementos de protección e axudas para montar figuras e pirámides.
Elixide un tema e unha música coa que presentalo. Logo decidide os elementos escenográficos (vestiario, maquillaxe, material...) e os coreográficos cos que ides enlazar distintas figuras e pirámides. Establecede as formacións de entrada e saía e a colocación das distintas figuras no espacio.
Por último, non esquezades introducir as distintas figuras e pirámides e os elementos acrobáticos para montalas, desmontalas ou pasar dunha a outra.
Tratade de ser creativos, de introducir elementos innovadores ou sorprendentes e, sobre todo, chegade a acordos de grupo para construir o voso traballo e desfrutar facéndoo. Ánimo!

PLAN DE EXAME DE ACROSPORT PARA 4º DE ESO

EXAME PRACTICO DE ACROSPORT 3 ESO


Nesta entrada podedes atopar unha planilla na que preparar o voso exame práctico de Acrosport.
Non esquezades que o primeiro é a seguridade e que a valoración das figuras inclúe tanto a montaxe como a desmontaxe das mesmas. Tratade de ser creativos de coordinarvos elixindo axeitadamente o rol que cada un desenvolverá en cada figura e sobre todo, de pasalo ben elaborando o voso traballo.
Non esquezades enriquecelo con elementos coreográficos ou acrobáticos para que sexa máis impactante.

PLANILLA PARA O EXAME PRACTICO DE ACROSPORT 3ESO

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...