venres, 12 de xuño de 2020

PREMIOS DE CONCURSOS VARIOS!

POR FIN! 
O luns día 15 poderedes pasar de 10 a 13 horas a recoller os pequenos agasallos que vos corresponden polo voso extraordinario traballo nas distintas actividades.

A profesora Ana Santos, que estará alí repartindo dorsais para a carreira solidaria, encargarase de entregarvos estes pequenos agasallos cos que recoñecemos o voso traballo. Son cousas sinxeliñas e de pouco valor material pero dun enorme valor emocional, polo menos para as vosas profesoras, que están encantadas da vosa participación e dos resultados.
Parabéns a todos e todas!


Concurso de Adiviñas Olímpicas (10 primeiros en entregar). Premio: unha mochiliña.
  1. Irene Alonso Carballo
  2. Miguel Ángel Sabarís Infanzón
  3. Alejandro Ramos
  4. Blanca Castro
  5. Mª Fernández García
  6. María Pardo Sánchez
  7. Kamelia Mekouar González
  8. Inés Reyes
  9. Claudia Veiras Troitiño
  10. Carolina López Bazarra
Concurso de receitas con froitas (3 primeiras clasificadas). Premiados cun balón de basket.
  1. Paula Fariña
  2. María Fernández
  3. María Lorenzo
Concurso de receitas con peixes e mariscos (5 primeiros clasificados). Premiados cun balón de basket excepto María Fdez e María Lorenzo (que recibirán un gorro de natación porque xa teñen balón do concurso de receitas con froitas) Rosalía e Candela Gómez recibirán o balón por ser a 6ª e 7ª clasificada.
  1. Hugo Sánchez
  2. María Fernández  (*)
  3. María Lorenzo (*)
  4. Claudia Pérez
  5. Candela García
  6. Rosalía Justo (reserva)
  7. Candela Gómez (reserva)
Concurso de bocatas (3 primeiros clasificados). Premiados cun balón de voleipraia.
  1. María Pardo 
  2. Víctor Rey
  3. Cecilia Rodríguez
AGORA ESPERADE A VER A DATA E HORA EN QUE SE PODE RECOLLER O VOSO PEQUENO AGASALLO NO IES. TODAS AS EMBALAXES ESTARÁN DESINFECTADAS E SERÁN ENTREGADAS POLA DIRECCIÓN DO IES TOMANDO TODAS AS MEDIDAS DE PRECAUCIÓN ESTABLECIDAS NOS PROTOCOLOS SANITARIOS. 

ÚLTIMA ACTIVIDADE: CARREIRA SOLIDARIA


Estimado alumnado,
Deixovos aquí a información sobre a carreira solidaria "Eu corro por..." que está a organizar a profesora Ana Santos coa colaboración do Departamento de Educación Física.
Lede a información detidamente e, se podedes, colaborade con esta iniciativa. A vosa participación é voluntaria.
O luns e o martes estarán no IES para que poidades escoller a persoa pola que corredes (están as súas historias colocadas no taboleiro) e tamén para que poidades recoller os vosos dorsais.
Animádevos con esta iniciativa solidaria para rematar o curso dunha forma fermosa!


Xa temos dorsal

luns 15 e o martes 16 estaremos de 9:00 a 14:00 no IES Valle Inclán 
entregando dorsais, alí podedes ver a información dos nenos e nenas 
de Uganda. Pola tarde estaremos en Chema Sport de 18:00 a 20:00 horas. 
Tamén podes descargalo aqui
Podes contribuir economicamente por transferencia bancaria o deixando os 
teus cartos na urna no instituto.



xoves, 11 de xuño de 2020

IMPORTANTE: ENTREGA DE TRABALLOS DA 3ª AVALIACIÓN

Estimado alumnado:
Chegou por fin a hora de entregar os traballos.
Moit@s de vós xa remitíchedes algúns dos vosos traballos por mail previamente, e algúns incluso acadáchedes algún pequeno agasallo coa participación en concursos. 
Espero que todos e todas cubrírades o cuestionario de tarefas realizadas. Se alguén se esqueceu, que o faga canto antes!
INSTRUCIÓNS:
É preciso que remitades a carpeta persoal cos vídeos e traballos que fixechedes durante todo o período de confinamento, que deben de ser, alomenos, os que indicáchedes que fixerades no cuestionario de actividades. 
Para non facernos moito lío e como son arquivos moi pesados que non caben nun mail, indícovos como facelo:
1.- Nomear cada arquivo -de vídeo, pptx, word ou pdf- co nome da tarefa a que se refira (por exemplo, "CONCURSO DE RECEITAS CON FROITAS", "ESCALEIRA DE COORDINACIÓN", "BASKET SEXA COMO SEXA", etc)
2.- Meter todos os arquivos nunha carpeta que nomearedes co curso, grupo, nome  e apelidos (por exemplo, "1º ESO E MERCE BARRIENTOS VARELA".
3.- Entrar nun transportador de arquivos que se denomina "wetransfer" (https://wetransfer.com/). 
Pediravos se queredes darvos de alta gratuitamente, non é preciso, podedes premer en "no gracias" ao final da páxina.
4.- Abrirase unha táboa de diálogo que vos permite enviar carpetas e arquivos pesados. Seleccionade "selecciona una carpeta" premendo enriba. Escollede no voso ordenador a carpeta que queredes enviarme.
5.- Poñede o voso mail onde volo pide e o meu en "enviar mail a" e premede en enviar.
6.- Veredes como se vai completando o envío ata chegar ao 100%.
A web avisaravos enviándovos un mail se está recibido o traballo e tamén vos avisará cando eu o descargue.
 A entrega de traballos so ten un obxectivo de avaliación para valoración do cumprimento dos estándares básicos de aprendizaxe e de bonificación na cualificación final.
NINGÚN ARQUIVO SERÁ PUBLICADO NO BLOGUE DA MATERIA 
sen que o/a alumno/a e os seus titores legais o soliciten explicitamente.
PRAZO:
Remitide todos os artigos antes do luns 15 de xuño, por favor, que sodes moitos e teño que vervos a todos! 

sábado, 6 de xuño de 2020

PRACTICANDO VOLEI EN PARELLAS (2º de ESO E 1º de BACH)

Ola rapaces e rapazas!
Agora que xa nos podemos xuntar (respectando a distanza de seguridade) e acceder a plazas e lugares nos que hai redes ou obstáculos que as poidan substituir (porterías, cordas entre árbores, tendais...) deixovos os seguintes retos de voleibol para que os poidades facer en grupos de 2. 
A posición básica é sempre cos xeonllos flexioanados e o peso nas punteiras dos pés e a altura do balón debe de superar os 2,5 metros (a rede chega ata 2,43 m. e o balón ten que pasar por enriba).
Lembrade desinfectar sempre mans e material ANTES E DESPOIS!

RETOS:

  1. Devolver o balón cun toque de dedos sentados no chan.
  2. Devolver o balón cun toque de dedos de pé.
  3. Realizar toques de dedos alternando co/a compañeiro/a contra a parede.
  4. Devolver con toque de dedos o balón  que nos envían á dereita ou esquerda de onde estamos.
  5. Devolver o balón con toque de antebrazos estando sentados nunha cadeira ou banco.
  6. Devolver o balón con toque de antebrazos estando de pé.
  7. Devolver un balón cos antebrazos despois de que rebote contra o chan.
  8. Devolver cos antebrazos balóns que nos envían a dereita e esquerda de onde estamos.
  9. Realizar toques de antebrazos por parellas.
  10. Realizar toques de antebrazos contra a parede alternativamente.
  11. Lanzar e recibir o balón cunha man estando á pata coxa (levantar o pé da man que lanza).
  12. Golpear o balón despois de facer un autopase (pase vertical para nós mesmos).
  13. Rematar sobre a rede un balón que nos envía o compañeiro situado lateralmente (o balón ten que subir máis que a rede cando nolo pasan, claro).

Eres quen de facelos todos? Para que practiques, todos os exercicios están nos seguintes vídeos:


PURA SUOR. BASKET EXTREMO! (1º DE ESO)

Máis difícil todavía!
Agora que xa nos podemos xuntar (respectando a distanza de seguridade) e acceder a plazas e lugares nos que hai canastras, deixovos os seguintes retos de basket para que os poidades facer en grupos de 2 ou 3.
Lembrade desinfectar mans e material ANTES E DESPOIS de adestrar!
TRUCO DO ALMENDRUCO: temos que ser capaces de botar o balón sen miralo antes de poñernos a botar dous, se non, o resultado pode ser desastroso!
Cantos sodes quen de facer?
Non é so canto tempo practicades, 
senón como traballades durante ese tempo. 

RETOS:
  1. Driblar en zig-zag sobre un circuito de obstáculos (conos, chaquetas, cadeiras, mochilas...).
  2. Driblar con dous balóns.
  3. Facer o mesmo circuito de zig-zag cos dous balóns.
  4. Idem entrando a canasta con un dos balóns (dous pasos e bandexa ou 2 pasos e gancho).
  5. Bote baixo evitando que un defensa nos quite o balón (o defensa é pasivo, so balancea a man para molestarnos). O bote ten que ser moi baixo e os xeonllos estar flexionados!
  6. Realizar pases cunha soa man (1 so balón). Lembra traballar coa man dereita e coa esquerda!
  7. Ídem cun bote previo: bote-pase-bote-pase (todo cunha soa man).
  8. Intercambio de balóns (realizar pases con 2 balóns).
  9. Bote de protección avanzando contra un defensa que nos vai frenando (o defensa é pasivo e so se coloca diante para obstaculizarnos, non nos rouba o balón).
  10. Velocidade de reacción botando ( o compañeiro/a, cos brazos en cruz, deixa caer unha bola e temos que avanzar botando e collela despois de que rebote no chan).
  11. Exercicio 2:1 (dous contra un). Un pasa e recibe e outro intenta encestar con oposición dun defensa colocado entre o balón e a canastra.
  12. Deixar un balón nun círculo do chan e tentar recuperalo mentre o/a defensa se opón ao nosos avances.
Hai un exemplo de cada exercicio neste vídeo realizado por estudiantes de secundaria da área de San Luis (EEUU). 

Eres quen de imitalos? Lembra: imposible non é nada!

venres, 5 de xuño de 2020

COMO IMOS COS BALÓNS?

Benquerido alumnado, como imos coas prácticas de habilidades co balón? 

Que non empezáchedes aínda? Non o podo crer! Pois ánimo e adiante a toda!


Deixovos aquí uns vídeos duns compañeiros que xa estiveron practicando e aos que non lle vai nada mal! Animádevos porque, cun pouco de práctica, dominaredes o balón de basket ou o de volei!
Premendo nesta ligazón veredes os avances de Paula e Anxela co basket: 



e no primeiro vídeo veredes os de Andrés Clemente:






Agora tócalle ao volei:


luns, 1 de xuño de 2020

RETO DOS MALABARES... CON DUAS, CON TRES... E CON CATRO?

Unhas compañeiras e un compañeiros deixanvos aquí os seus avances no reto dos malabares.




Eles xa son quen de facelos con tres pelotas, pero van practicar como facelo con catro... Neste vídeo atoparán axuda para seguir progresando. E ti, como vas?


APRENDENDO TÉCNICA DE VOLEIBOL NA CASA!

Aquí vos deixo o vídeo dunha compañeira que estivo practicando voleibol como puido.
Sodes quen de facer todos os exercicios que vos amosa? Todos?


Lembrade que agora que xa podemos saír á rúa e tamén á praia irei colgando exercicios por parellas e tríos, así que, ide concertando citas (coas debidas medidas de seguridade e distanzamento!)


III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...