xoves, 11 de xuño de 2020

IMPORTANTE: ENTREGA DE TRABALLOS DA 3ª AVALIACIÓN

Estimado alumnado:
Chegou por fin a hora de entregar os traballos.
Moit@s de vós xa remitíchedes algúns dos vosos traballos por mail previamente, e algúns incluso acadáchedes algún pequeno agasallo coa participación en concursos. 
Espero que todos e todas cubrírades o cuestionario de tarefas realizadas. Se alguén se esqueceu, que o faga canto antes!
INSTRUCIÓNS:
É preciso que remitades a carpeta persoal cos vídeos e traballos que fixechedes durante todo o período de confinamento, que deben de ser, alomenos, os que indicáchedes que fixerades no cuestionario de actividades. 
Para non facernos moito lío e como son arquivos moi pesados que non caben nun mail, indícovos como facelo:
1.- Nomear cada arquivo -de vídeo, pptx, word ou pdf- co nome da tarefa a que se refira (por exemplo, "CONCURSO DE RECEITAS CON FROITAS", "ESCALEIRA DE COORDINACIÓN", "BASKET SEXA COMO SEXA", etc)
2.- Meter todos os arquivos nunha carpeta que nomearedes co curso, grupo, nome  e apelidos (por exemplo, "1º ESO E MERCE BARRIENTOS VARELA".
3.- Entrar nun transportador de arquivos que se denomina "wetransfer" (https://wetransfer.com/). 
Pediravos se queredes darvos de alta gratuitamente, non é preciso, podedes premer en "no gracias" ao final da páxina.
4.- Abrirase unha táboa de diálogo que vos permite enviar carpetas e arquivos pesados. Seleccionade "selecciona una carpeta" premendo enriba. Escollede no voso ordenador a carpeta que queredes enviarme.
5.- Poñede o voso mail onde volo pide e o meu en "enviar mail a" e premede en enviar.
6.- Veredes como se vai completando o envío ata chegar ao 100%.
A web avisaravos enviándovos un mail se está recibido o traballo e tamén vos avisará cando eu o descargue.
 A entrega de traballos so ten un obxectivo de avaliación para valoración do cumprimento dos estándares básicos de aprendizaxe e de bonificación na cualificación final.
NINGÚN ARQUIVO SERÁ PUBLICADO NO BLOGUE DA MATERIA 
sen que o/a alumno/a e os seus titores legais o soliciten explicitamente.
PRAZO:
Remitide todos os artigos antes do luns 15 de xuño, por favor, que sodes moitos e teño que vervos a todos! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...