martes, 23 de abril de 2019

PARA PREPARAR O PROXECTO XERMOLON. 4º DE ESO

Nesta entrada podes atopar un resumo das clases de nutrición que fomos desenvolvendo nas últimas semanas. Atoparás información para calcular o gasto calórico, táboas de gasto calórico de distintas actividades físicas e información sobre os grupos de alimentos que debe conter a túa dieta e os nutrientes que te aportan. Tamén o concepto de "calorías valeiras" e as consecuencias máis inmediatas de ter unha dieta pouco equilibrada. Bótalle unha ollada á presentación para refrescar os coñecementos:

ALIMENTACION, NUTRICION E BALANCE CALÓRICO

Logo accede ao blogue

VALLE HEALTHY FOOD PROJECT

Nese blogue do proxecto "Aliméntate Ben" atoparás as instrucións para facer a primeira parte do teu traballo XERMOLÓN (cubrindo o cuestionario anexo).

Lembra que o cuestionario debe de presentarse antes do 15 de maio para poder rematar o teu traballo antes do 30. Non o deixes para última hora!



martes, 9 de abril de 2019

VIDEOS TUTORIALES DE FLOORBALL E CUESTIONARIO DE AVALIACION


Nos seguintes enlaces poderás ver os vídeos de técnica que te servirán para preparar as túas clases de Floorball e mellorar a túa habilidade co stick e a bola. Son moi curtos e teñen indicacións importantes.
Despois de visionar cada un deles, contesta aos TRES CUESTIONARIOS finais e preme en ENVIAR. Así, esta actividade de aprendizaxe estará completa.

1ª Clase:

Floorball. Normas básicas

Posición e agarre do stick

O pase

Control estático e amortiguado

CUESTIONARIO 1

2ª Clase:

Control orientado

Condución

Pase ao oco

Lanzamento ou tiro

CUESTIONARIO 2

3ª Clase

O "push" (empurrar a bola)

O "flip" ou tiro elevado

O roubo da bola. Como facelo e como non

CUESTIONARIO 3










sábado, 6 de abril de 2019

TUTORIAL COA COREOGRAFÍA DO DÍA DE EUROPA

Neste vídeo publicado pola profesora Ana Santos poder ver e empezar a preparar a túa coreografía do Día de Europa. O tema musical é "Color Esperanza" de Diego Torres.
Unha suxestión, xuntádevos varios e ide probando a coordinar a vosa coreografía. Podedes empregar o móbil para gravar e revisar a vosa actuación, pero...lembrade non compartir arquivos de outros compañeiros e compañeiras!
Xa queda pouco para o día de Europa, o vindeiro 9 de maio.
Lembrade que antes haberá algún ensaio xeral para organizarnos todos. Estade atentos, practicade e desfrutade.
Ánimo!

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...