domingo, 3 de marzo de 2019

EXAME PRACTICO DE ACROSPORT 4º DE ESO

Nesta entrada podedes atopar un impreso e información sobre como preparar o voso exame de Acrosport en grupo.
Lembrade que o primeiro é a seguridade. Empregade elementos de protección e axudas para montar figuras e pirámides.
Elixide un tema e unha música coa que presentalo. Logo decidide os elementos escenográficos (vestiario, maquillaxe, material...) e os coreográficos cos que ides enlazar distintas figuras e pirámides. Establecede as formacións de entrada e saía e a colocación das distintas figuras no espacio.
Por último, non esquezades introducir as distintas figuras e pirámides e os elementos acrobáticos para montalas, desmontalas ou pasar dunha a outra.
Tratade de ser creativos, de introducir elementos innovadores ou sorprendentes e, sobre todo, chegade a acordos de grupo para construir o voso traballo e desfrutar facéndoo. Ánimo!

PLAN DE EXAME DE ACROSPORT PARA 4º DE ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...