luns, 11 de xuño de 2018

EXAME TIPO DE VOLEIBOL


1-Canto mide a cancha de voleibol?
9 m. x 18 m.

2- Cantos xogadores integran un equipo de voleibol?
Un total de 12: 6 titulares e 6 suplentes

3- Como se chama o xogador que utiliza o uniforme diferente e cal é a súa funcion?
Denomínase libero e é o xogador netamente defensor. A súa función é recibir e non pode xogar en ataque nin rematar.

4 - Cales son os fundamentos ou toques  básicos do voleibol? Conta o remate como un toque?
Saque,  recepción, colocación, remate e bloqueo. Non

5- Cantos toques se poden realizar por xogada?
Cada equipo pode realizar como  maximo ata 3 toques. Non existe un  mínimo, pero si un  maximo de 3 toques. No terceiro debe pasar a pelota á cancha contraria.

6- Faltas de toque  segun as regras do voleibol
CATRO TOQUES: un equipo toca o balón catro veces antes de devolvelo.
TOQUE ASISTIDO: un xogador apóiase nun compañeiro ou nunha estrutura/obxecto para alcanzar o balón dentro da área de xogo.
RETENCION: un xogador non golpea o balón, e o balón é retido e/ou lanzado.
DOBRE GOLPE: un xogador golpea o balón dúas veces en forma consecutiva ou o balón toca sucesivamente varias partes do seu corpo.
INVASIÓN: un xogador pisa o campo do equipo contrario, sobrepasa coa mano u o brazo a rede cara o campo contrario ou apoia o seu corpo sobre a rede para rematar.

7- Nomear 4 situacións nas cales un equipo pode marcar un punto.
Sempre que un xogador realiza unha acción de xogo contraria ás regras, ou as viola, comete unha falta de xogo que é pitada por un dos árbitros. O equipo contrario obterá un punto.
Cando un equipo consegue que o balón toque o chan no campo dos adversarios, gaña un punto.
Cando un equipo comete una falta de colocación (os xogadores incumplen a regra de colocación na recepción), o equipo contrario acada un punto.
Se un equipo envía o balón fora do campo ou o devolve por fora dos 9 metros de ancho do campo, o equipo contrario obtén un punto.
Se dúas ou máis faltas son cometidas simultaneamente por dous adversarios, declárase DOBRE FALTA e repítese a xogada.

8- Como se realiza a  rotacion no voleibol
Hai 6 xogadores no campo. Os xogadores 2,3,4, son dianteiros (as zonas cóntanse de dereita a esquerda mirando cara a rede). Os xogadores: 5,6,1, son defensas ou zagueiros (na zona de recepción o xogador 5 ocupa o espazo da esquerda e o 1 o da dereita). O xogador que pón en xogo o balón é o xogador número 1 (defensor dereito).

A rotación faise sempre que un equipo recupere o saque. Os seus compoñentes efectuarán unha rotación dun posto no sentido das agullas do reloxo (mirando cara a rede).
9- Cando un equipo de voleibol pode gañar un set?
Un set (excepto o decisivo 5º set) é gañado polo equipo que primeiro anota 25 puntos, cunha vantaxe mínima de 2 puntos. En caso dun empate 24 – 24, o xogo continúa ata conseguir unha vantaxe de 2 puntos (26 – 24, 27 – 25…).
10- Cando gaña un partido?
O partido é gañado polo equipo que gaña tres sets.
No caso de empate 2 – 2, o set decisivo (5º) xógase a 15 puntos cunha diferenza mínima de 2 puntos.

No seguinte enlace podedes atopar resposta a algunhas das dúbidas que vos xurden ao xogar ou ver retransmitido un partido de voleibol. Son interesantes para saber un pouco máis do xogo: 10 PREGUNTAS ESTRELA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...