martes, 17 de novembro de 2020

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

 

Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo do luns 23, martes 24, mércores 25 ou xoves 26 cunha comba por parella. 

Ensinarémosvos como se realiza a proba e poderedes clasificarvos para a gran final do venres 27.

Lembrade que as parellas son mixtas e que podedes facer parella con alumnos/as de calquera curso e grupo, ainda que non sexa o voso.

A proba consiste nunha carreira de relevos con 3 postas:

1ª posta: realizar un percorrido de ida e volta saltando a comba para entregarlla ao segundo integrante da parella que fará o mesmo.

2ª posta: idem pero ao chegar ao cono hai que facer 3 saltos adiante, un cambio por arriba e 3 saltos atrás antes de volver e entregar a comba ao segundo membro da parella.

3ª posta: idem pero imos dando á comba cara adiante á ida, cambiamos por arriba no cono e volvemos dando á comba cara atrás.

Gañará a parella que antes comprete as tres postas sen enliarse coa comba. Se alguén se enlía terá que volver ao inico da súa posta e repetila.

Ánimo, a pola bonificación e a polo premio para a parella gañadora da final!

Inscrición III concurso de comba (proba por relevos mixtos)


sábado, 7 de novembro de 2020

II CONCURSO DE COMBA VALLE INCLÁN

Se queres facer un pouco máis de exercicio e, de paso, retar aos teus compañeiros e compañeiras, apúntate ao II Concurso de Comba Valle Inclán que se desenvolverá no patio interior do centro durante os recreos. O concurso empeza o luns 9 de novembro e podes escoller que día da semana prefires participar.

Ponte a practicar e poderás gañar o concurso! 

Haberá bonificacións para os/as participantes e premio para o/a gañador/a. Para apuntarte, cubre os datos deste cuestionario e preséntate no patio interior o día que escolliches para participar:

INSCRICION II CONCURSO COMBA


SEMANA 1 (Proba de resistencia saltando). Esta semana de probas rematou e o gañador recibíu unha comba profesional donada polo campión Europeo e Mundial de Kick Boxing Manolo Planas.

1º CLASIFICADO: 

IAM CABANELAS PASQUALLOTO (2º ESO A)

2ª CLASIFICADA:

CLAUDIA ORIANA OBAMA CORDERO (2º ESO B)

Na SEMANA 2 ( do 9 ao 13 de novembro) a competición basearase na secuencia 

5 muiños/10 saltos a pés xuntos

Tratase de manterse saltando o maior tempo posible sen perder a coordinación desa secuencia. Animádesvos?

Se aínda non estades apuntados, enchede o cuestionario!

INSCRICION II CONCURSO COMBA


Queres practicar na casa? Bótalle un vistazo a este titorial!

 

Eres quen de "descifrar" algún dos saltos de Adrienn Banhegyi?

xoves, 15 de outubro de 2020

SISTEMA MUSCULAR. MÚSCULOS TÓNICOS E FÁSICOS. QUE QUERE DICIR ISTO (BACHARELATO)



O sistema muscular. Xeneralidades:



Dentro do sistema muscular podemos diferencia os músculos tónicos ou posturales, que traballan de forma continuada no mantemento da postura corporal e teñen tendencia a fortalecerse e acortarse:



Por outra banda, podemos atopar músculos fásicos, que únicamente se contraen cando facemos exercicios concretos que os solicitan. Se non traballan diariamente teñen tendencia a debilitarse e elongarse:

 

Consecuencias na postura corporal do acurtamento de músculos tónicos e debilitamento de músculos fásicos na zona dorsal: hipercifose dorsal.


Consecuencias na postural corporal do acurtamento de músculos tónicos de debilitamento de músculos fásicos na zona lumbar: hiperlordose lumbar.


E como podemos acurtar ou elongar a musculatura mentres a desenvolvemos? Neste enlace poderás ver un video no que che dan unhas indicacións moi útiles se acostumas a traballar a forza.



Tipos de contraccións musculares:




APARELLO LOCOMOTOR. QUE É ISO? MANIOTAS? E QUE SON AS MANIOTAS?

No seguintes vídeos verás unha información moi básica sobre o aparello locomotor e os músculos (lembra que debes aprender os nomes e onde se atopa cada un deles) e tamén sobre ese fenómeno tan estrano que son as maniotas...tivéchelas algunha vez? Seguro que sí.

No remate da entrada tedes un novo vídeo con 25 preguntas sobre o aparello muscular... a ver cantas sodes capaces de acertar! Despois de cada pregunta teredes unha breve explicación coa resposta acertada. Ánimo e adiante!

Aparello locomotor I:  Continuamos?



Empezamos con moitas gañas, pero xa temos maniotas? 

No seguinte vídeo podedes aprender que son as maniotas, por que e como se producen e que se pode facer para que desaparezan.

Algunha vez escoitáchedes algún dos mitos aos que se fai referencia no vídeo, tomachedes auga con azucre, dixéronvos que eran cristales de ácido láctico? 


SISTEMA CIRCULATORIO II

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...