domingo, 27 de setembro de 2020

COMO ESTOU DE FORMA CARDIOVASCULAR? TEST PARA TOD@S

Neste pequeno vídeo que vos colgo atoparedes un dos test máis populares para coñecer o noso estado de forma cardiovascular. 
É moi sinxelo, pódese facer en case calquera lugar e daravos información sobre a resposta cardíaca ao exercicio e sobre a vosa capacidade de recuperación.
A tarefa de hoxe é realizar o test e anotar os resultados para calcular o voso índice de condición física. Precisaredes un cronómetro, un metrónomo (podedes descargar unha aplicación gratuita no móbil ou buscar un na rede. Poñédeo a 40 repeticións por minuto e sonará coa cadencia que precisades para facer o test).
Realizade os agachamentos ou sentadillas ao ritmo que vos marca o metrónomo.
Tomade antes a vosa Frecuencia Cardíaca en repouso (P1) despois de estar sentados ou tumbados uns minutos.
Tomade a FC xusto ao remate do exercicio (P2) durante 15", multiplicádea por 4 e anotádea.
Despois deixade pasar un minuto e tomádea de novo (P3) durante 15" multiplicándo de novo por 4.
Empregade a fórmula que vos indica o vídeo ((P1+P2+P3)-200 /10 = I para establecer cal é o voso nivel. 

Se I = ou < 0 rendemento cardiovascular (CV) excelente (propio de atletas).
Se I = entre 0,1 e 5 rendemento CV bo.
Se I = entre 5,1 e 10 rendemento CV medio.
Se I = entre 10,1 e 15 rendemento CV insuficiente.
Se I = entre 15,1 e 20 rendimiento CV malo (require repetición e, se persiste, avaliación médica).

Cando rematedes de facer o test, non esquezades cubrir o voso cuestionario Ruffier-Dickson e envialo. Así a tarefa desta semana estará feita:


Ao remate da avaliación teredes a oportunidade de volver a facelo intentado mellorar os vosos resultados. Lograrédelo facendo un pouco de traballo cardiovascular cada día.
Non esquezades facer exercicio físico diariamente, estirar concienzudamente, comer máis san e pasar todo o tempo que poidades ao aire libre e en silencio. 

Ánimo, rapaces, unha aperta!

TEST RUFFIER-DICKSON

Ningún comentario:

Publicar un comentario

III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS

  Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...