Ola rapaces
Aquí tedes un vídeo cunha proposta de 5 minutos de cardio que vos vai axudar a incrementar o voso gasto calórico diario mentres reforzades o voso corazón.
A proposta é que vaiades incrementando unha serie cada TRES días, é dicir, hoxe facedes unha serie testando cantos exercicios podedes realizar no tempo previsto e venres repetides unha serie tratando de manter o número de repeticións; o luns, dúas series iguais separadas por un minuto de descanso; e o mércores, outras dúas.
As semanas seguintes que ven podedes facer tres series facendo unha suave (un 80% das repeticións feitas no test), unha media (90%) e unha a tope (100%).
En catro semanas (12 sesións) testamos e... a ver se batemos os records!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
III CONCURSO DE COMBA POR PARELLAS MIXTAS
Se queredes participar neste III Concurso de Comba por Relevos, cumprimentade o cuestionario que aparece abaixo e vide ao patio no recreo ...

-
O sistema muscular. Xeneralidades: Dentro do sistema muscular podemos diferencia os músculos tónicos ou posturales, que traballan de forma ...
-
Non me enviedes os exames! So son para que vos autoavaliedes e saibades que podedes actuar correctamente en caso de emerxencia. É impor...
-
Nesta entrada podedes atopar unha planilla na que preparar o voso exame práctico de Acrosport. Non esquezades que o primeiro é a segurid...
Ningún comentario:
Publicar un comentario